<$BlogRSDURL$>

28.3.12

As incertidumes de Carlos Certo (Mes D) 

A certidume de ter motivos para berrar 

Non se trata tanto do famoso Real Decreto 3/2012 como da imposibilidade da autorrepresentación, do 'que non, que non, que non nos representan' dirixido a un poder que, con diferentes rostros, sigue mantendo as mesmas dinámicas. Diferentes efixies para as estatuas pero idénticos pedestais. 

Trátase da individualidade desgarrada nos seus afectos, de contextos dilapidados e de traxedias do cotiá por culpa dunha crise devoradora que parece castigar de xeito inversamente proporcional aos que máis implicados estiveron nela.

Trátase de necesidade de berrar, máis poética que biolóxica, por cada existencia fraccionada, enchendo o espazo público con sons heteroxéneos que configuren un magma incontrolado e incontrolable. Trátase de facer ruído, este si, que poña fin a este marzo sonoro.


 
Mail

Etiquetas: , ,


|

8.10.11

Aquelas listas de listos e listas 

No seu número 121, a revista Descubrir el arte, editada polo grupo Unidad Editorial no marzo de 2009, cumplía 10 anos. Para celebrar esta década invitou aos 'personajes más relevantes' a realizar 'un gran top' no que se pode atopar 'desde los grandes coleccionistas de la historia a los mejores contenedores del arte, realizados por los más influyentes arquitectos'. Influencia, top, relevancia... sinxelo discurso de elites típico do xornalismo cultural, que ao fin e ao cabo, non está tan distanciado da crónica social.  

Por cuestións de desbordamentos no minipiso, a pesar dos estantes de Ikea, vou gardar a revista nunha caixa e creo que non vai saír dela en moito tempo. Así que vou a trasladar á web os listados para que pensen vostedes, si queren, en todas as cuestión que plantexan estas eleccións. 


10 Museos por Miguel Zugaza ('director del Prado')

1.- Los Uffizi.
2.- British Museum. 
3.- El Louvre. 
4.- Rijksmuseum.
5.- El Prado.
6.- Staatliche.
7.- National Gallery. 
8.- Ermitage. 
9.- Metropolitan. 
10.- MOMA. 

10 artistas en activo por Manuel Borja-Villel ('director del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía')

1.- Louise Bourgeois
2.- Richard Hamilton
3.- Antoni Tàpies
4.- Gerhard Richter
5.- Hans Haacke
6.- Richard Serra
7.- James Coleman
8.- Jeff Wall
9.- Rosemarie Trockel
10.- Peter Friedl

10 artistas más cotizados por Juan Várez ('consejero delegado de Christies en España'). 

1.-Lucian Freud
2.- Jeff Koons 
3.- Jasper Johns
4.- Damien Hirst
5.- Gerhard Richter
6.- Bruce Nauman
7.- Zeng Fanzhi
8.- Peter Doig
9.- Cy Townbly

10 jóvenes promesas por Rafael Doctor ('director del Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León')

1.- Taxio Ardanaz
2.- Kristoffer Ardeña
3.- Zbynek Baladrán
4.- Antonio Ballester
5.- Simon Fujiwara
6.- Mario G. Torres
7.- Fermín J. Landa
8.- Ludotek
9.- Philip Metten 
10.- Aitor Saraiba



10 colecciones por Consuelo Císcar ('directora del Instituto Valenciano de Arte Moderno')

1.- Rothschild
2.- Calouste Gulbenkian
3.- Duncan Phillips
4.- Peggy Guggenheim
5.- Thyssen-Bornemisza
6.- Ernst Beyeler
7.- Henry Clay Frick
8.- Gertrude Stein
9.- J. P. Morgan
10.- Giuseppe Panza


10 galeristas por Helga de Alvear ('galerista y coleccionista')

1.- Nächst St. Stephan
2.- Lisson Gallery
3.- Chantal Crousel
4.- Larry Gagosian 
5.- Sprüht Magers
6.- Bärbel Grässlin
7.- Hauser & Wirth
8.- Esther Schipper
9.- David Zwirner
10.- Neugerriemschneider

10 promotores por María Corrarl ('que fuera directora del programa de exposiciones de la Fundación 'La Caixa' y del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía). 

1.- Dan Cameron. 
2.- Lynne Cooke. 
3.- Douglas Fogle. 
4.- Hou Hanru
5.- Yuko Hasegawa
6.- Hans Ulrich Obrist
7.- Margit Rowell
8.-Beatrix Ruf
9.- Paul Schimmel 
10.- Vicente Todolí / M. Borja Villel

10 epicentros del arte por Lourdes Fernández ('la director de ARCO')

1.-Bienal de Venecia
2.- Adda Armory Show
3.- Bienal de Sao Paulo
4.- DOCUMENTA
5.- Art Basel 
6.- Tefaf Maastricht
7.- Münter
8.- Arco
9.- MANIFESTA
10.- Sotheby's y Christie's

10 grandes arquitectos por Rafael Moneo y Juan Miguel Hernández de Léon ('dos arquitectos extraordinarios')

1.- Frank Lloyd Wright
2.- Josep Lluis Sert
3.- Carlos Scarpa 
4.- Piano & Rogers
5.- Louis I. Kahn
6.- Rafael Moneo
7.- Renzo Piano
8.- Frank O. Gehry
9.- Alvaro Siza 
10.- Herzog & De Meuron


Premios 'Descubrir el Arte' ('los premios simbolizan el dinamismo, la constancia, la armonía, la aventura e innovación'). 

-A la Excelencia: Museo del Prado
-A la Restauración del Patrimonio: Junta Junta de Castilla y León 
-Por la Proyección del Arte Español en el Exterior: IVAMN
-Por el Impulso del Arte Joven: MUSAC
-A la Programación Artística: Fundación Mapfre
-A un nuevo proyecto: Siglo XXI, Arte en la Catedral de Burgos
-A una trayectoria artística: Cristino de Vera
-A una trayectoría profesional: Carmen Giménez
-A un artista revelación: Philipp Frölich 
-A una intervención arquitectónica: CAIXAFORUM MADRID

Queda programado un post para marzo de 2019, que farei si chegamos aló e sobrevivimos á crise e demáis avatares.


Mail

Etiquetas:


|

30.9.11

Isaac Marcel en setembro do 2011 

*La piel que habito (Pedro Almodóvar, 2011).

*British Sounds (Jean-Luc Godard, Jean-Henri Roger, 1969).

*Septiembre del 75 (Alberto Dufour, 2009).

*Pink Flamingos (John Waters, 1972).

*Vent d'est (Groupe Dziga Vertov, 1969).

*A presentación de John Waters e o pase de Cecil B. Demented (2000) no Cine Doré. 

*A retrospectiva de Leon Golub no Palacio de Velázquez.

*A presentación de Antoni Padrós e o pase de Shirley Temple Story en La Casa Encendida. 


Mail

Etiquetas:


|

31.8.11

Isaac Marcel en agosto do 2011 

*A voz coa que Danny Small enche o metro de Nova York.

*A divertida visita ao Museum of the Moving Image.

*A representación no Met dos pintores da modernidade americana previa ao triunfo do expresionismo abstracto (Stuart Davis, Charles Demuth, Mardsen Hartley...).

*O Lincoln Center. Así en xeral e en particular os seus cinemas.

*O desgarrado e tristísimo 'Adelante' do cantante hispano que se pon polas mañás en Lorimer, na liña L.

*No Brooklyn Museum: a intervención de artistas contemporáneos nos 'period rooms', a mixtura de medios á hora de expoñer a parte adicada aos Estados Unidos e a persistencia no relato feminista.

*Annie Hall (Woody Allen, 1976), cinema á fresca en Coney Island.

*Ir ao cinema ao MOMA.

*Una luz dura, sin compasión. El movimiento de la fotografía obrera, 1926-1939 no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

Mail

Etiquetas:


|

31.7.11

Isaac Marcel en xullo do 2011 


*Primitive, mostra de Apichatpong Weerasethakul no New Museum.

*Lyonel Feininger: At the edge of the world no Whitney Museum.

*A lectura que se fai dos anos oitenta con fondos da colección no MOMA.

*Francis Alÿs: A Story of Deception no MOMA.

*O respecto polos formatos de Projects 95: Runa Islam no MOMA (con proxeccións en 16 mm., 16 mm. anamórfico e 35 mm. en sala).

*Acudir como audioespectador ao Antology Film Archives.

*Ver anoitecer a ponte de Brooklyn.

*Lembrar e ver as obras de Stuart Davis.

*A importancia da cultura popular no Museum of America History (Washington) e na parte de deseño do MOMA (Nova York).

*Two Woman at a Window (Murillo, 1655/1660) na National Gallery of Art (Washington).

*O paseo crítico pola Frick Collection e a Hispanic Society con Watermelon King e Museoes.

*A persistencia da idea do museo como 'parque temático'.

*El Museo's Bienal: The (S) Files 2011 no Museo del Barrio.

*'El Café' del Museo del Barrio cheo de xente bailando aos ritmos mixturados por Antonio Ocasio e a gran presenza de Dj's na programación museistica deste xullo en Nova York, como prolongación do discurso teórico de cada institución.

*O retrato fotográfico de Cy Twombly feito por Robert Rauschenberg que se pode ver no MOMA.

*Un músico na parada do metro da 6ª (liña L) interprentando Everybody's Talkin'.




Mail

Etiquetas:


|

30.6.11

Isaac Marcel en xuño do 2011 


* Documentos RNE - "Los últimos días de Unamuno" (emitido o 04/06/11 escoitado en podcast o 05/06/11).

*The Holy Mountain (A. Jodorowsky, 1973) no Cine Doré.

*Grandes Ciclos: Tomás Luis de Victoria de RNE.

* Up (Pete Docter, Bob Peterson, pero sobre todo PIXAR, 2009).

*A viaxe organizada pola Dia Art Foundation ao Center of Curatorial Studies de Bard e á sede da Dia en Beacon.

*Pasear polas salas baleiras do Metropolitan Museum de Nova York.

Mail

Etiquetas:


|

31.5.11

Isaac Marcel en maio do 2011 

*Veinte años no es nada (Joaquim Jordà, 2004).

*'Producciones Bronston: España es Hollywood' emisión do programa Documentos de RNE (emitido o 30/IV/2011, escoitado en podcast o 1/V/2011).

*2001: A Space Odyssey (Stanley Kubrick, 1968).

*'Moondog' emisión do programa Vía Límite de RNE (emitido o 26/04/11, escoitado en podcast o 2/V/2011).

*As escenas metacinematográficas de El sexto sentido (Nemesio M. Sobrevila, 1929).

*The Bartos Family. Private Hungary 1 (Péter Fórgacs, 1988).

*Cada ver es (Ángel García del Val, 1981).

*Alaya (Nathaniel Dorsky, 1976-1987).

*A pintura de Chardin.

*'Spanish Revolution' emisión do programa Vía Límite de RNE (escoitado o 31/05/11).

*As viñetas de El Roto para El País.

*Threnody (Nathaniel Dorsky, 2003-2004).

Foto tomada o 17 de maio na Praza do Sol.

Mail

Etiquetas:


|

30.4.11

Isaac Marcel en abril do 2011 





















*Función de noche (Josefina Molina, 1981).

*L'atalante (Jean Vigo, 1934).

*O anoitecer diante do Templo de Diana (Mérida).

*O espazo central do MNAR (Mérida) visto dende o vestíbulo.

*O paseo / reflexión museolóxica con Watermelon King polo Centro de Artes Visuales Fundación Helga de Alvear (Cáceres).

*Toy Story 3 (Lee Unkrich, 2010).

*O paseo / reflexión política con Wartemelon King pola Cidade da Cultura (Compostela).

*O paseo / reflexión museográfica con Watermelon King polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía (Vilalba).

*Azaña, M. (2011) : Causas de la guerra de España. Barcelona: Diario Público.

*O programa de Vía límite 'Metamkine, cine para el oído' (orixinalmente transmitido o 12/IV/2011 por Radio Clásica, escoitado o 30/IV/2011).

Mail

Etiquetas:


|

31.3.11

Isaac Marcel en marzo do 2011 



* The Social Network (David Fincher, 2010).

* /\/\ /\ Y /\ (M.I.A., 2010).

*As conferencias de Christian Jacob e de Lorraine Daston en "Ideas en fuga. Pasión, conocimiento y memoria en la teoría de la imagen de Aby Warburg" (4 de marzo do 2011).

*A reflexión sobre Torrente IV (Santiago Segura, 2011) feita por Jordi Costa en El País.

*Gennariello due volte (Élise Florenty, 2009).

*A primeira e a segunda tempadas de The Wire (creada por David Simon no 2002).

*A instalación 1968, el culo te abrocho (Roberto Jacoby, 2008).

*O programa de Vía Límite (RNE) adicado a Robert Fripp e Brian Eno



Imaxe apropiada de aquí

Mail

Etiquetas:


|

7.3.11

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Audiencias de museo (Primeira idea sobre o CGAC)

Pero as cifras soamente nos aproximan parcialmente ao problema. É certo que evidencian unha gran diminución da súa comunidade, pero máis importante que constatar este descenso é observar que este non se produce pola radicalidade das súas propostas, algo que ás veces provoca unha ruptura comunicacional co ambiente cultural que rodea a un museo, nin tampouco porque se caracterice por experimentar con 'emerxencias' e 'emerxentes'. Así, máis que a unha crise social, o CGAC enfróntanse a unha crise de lexitimidade, é dicir, da necesidade do rol que desempeña como institución cultural que se sostén con fondos públicos.

Mail

Etiquetas:


|

6.3.11

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Audiencias de museo (Prólogo)

Hai uns días lin que o CGAC tivera entre xaneiro e agosto do 2010 soamente a visita de 28.000 persoas. O dato chamou especialmente a miña atención porque o 2010 foi Ano Xacobeo. Pensemos que no primeiro destes anos santos que viviu o CGAC, o de 1999, recibiu 130.000 visitantes e dende aí comezou un progresivo declive ata o 2009 no que pasaron por el 49906. Todas estas cifras agochan unha complexa realidade cultural que vai dende a multiciplicidade de espazos ata o recente recorte no seu orzamento que pasou de 4.300.000 euros no 2010 (cifra nada desdeñable) aos 2.200.000 no 2011.

Post scriptum: Hoxe, na edición dixital de Xornal, publicábase unha nova referida ao Museo do Pobo Galego (MPG), que comparte o contexto de Bonaval co CGAC. Cada un ten unha realidade económica e un estauto diferente así que as situación ás que teñen que respostar son diversas. O MPG, recibiu no 2010 máis de 90.000 visitantes e contou cun orzamento de 600.000 euros. Neste ciclo esta cifra rediciuse aos 450.000 euros. Por iso, para evitar un posible ERE, decidiron cobrar por primeira vez a entrada.

Mail

Etiquetas:


|

28.2.11

Isaac Marcel en febreiro do 2011 



*Boardwalk Empire (creada por Terence Winter, 2010).

*Gubern, Román (2005) 'La fiesta de la cultura' en Tiempo de transición (1975-1982). Madrid: Fundación Pablo Iglesias, pp. 162-175.

*Algúns temas de Cardiopatía Severa (Ellos, 2010).

*Noche de Vino Tinto (José María Nunes, 1966), na homenaxe a José María Nunes da Filmoteca Española.

*Noord-Korea: Een dag uit het leven (Pieter Fleury, 2004).

*12 tráilers borrados (Alberto Cabrera Bernal, 2010) exhibición en 16 mm.

*Pulsión (Esplendor Geométrico, 2009).

*A presentación dos libros La llamada de África: Estudios sobre el cine colonial español (Alberto Elena, Bellaterra, 2010), Cine e imaginarios sociales: El cine posmoderno como experiencia de los límites (Gerard Imbert, Cátedra, 2010) e La sociedad informe (Gerard Imbert, Icaria, 2010).

*Videoinstalación de Fanôme Créole (Isaac Julien, 2005) na mostra 'El efecto del cine' (Caixaforum de Madrid).

*O net.traballo en galego O_Fin feito por Young Hae-Chang Heavy Industries.


Imaxe sacada de Noord-Korea: Een dag uit het leven (Pieter Fleury, 2004).

Mail

Etiquetas:


|

31.1.11

Isaac Marcel en Xaneiro do 2011 


Lembrando...

*El Diputado (Eloy de la Iglesia, 1978).

*The Thing from Another World (Christian Nyby,1951).

*Audiovisionado en 16 mm. de Joe Bonica´s Movie of the Month e Sound Focusing Test Film.

* 'Un país que dilapidó el tiempo del esplendor amasando infortunios' (Enrique Vila-Matas).

*Foucault, Michel (1995) Historia de la sexualidad. La voluntad de saber. Madrid: Siglo XXI, 8ª edición.

*Costa, Jordi (2005) 'El planeta de las palabras que no herían. Correción política y nuevos tabúes' en Vicente Domínguez (ed.) Tabú. Madrid: Festival Internacional de Cine de Gijón, Ocho y medio, EdiUno, pp. 11-24.

*Fecé, Josep Lluís (2005) 'El tabú de las identidades: el "otro" en el cine español contemporáneo' en Vicente Domínguez (ed.) Tabú. Madrid: Festival Internacional de Cine de Gijón, Ocho y medio, EdiUno, pp. 109-129.

*Dali, Lorca y la Residencia de Estudiantes. Mostra no Caixaforum de Madrid (22 de Setembro- 6 de Febreiro).

*Año Santo disco de Triángulo de Amor Bizarro (2010).

*O programa de Música Antigua (Radio Clásica) adicado ao 'Officium defunctorum: in obitu etobsequiis sacrae imperatricis' de Tomás Luis de Victoria.

Imaxe sacada desta web


Etiquetas:


|

17.1.11

Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F) 


Imaxe procedente de aquí
Mail

Etiquetas: , , , ,


|

6.1.11

Isaac Marcel no 2010 

Lembrando...

*A presenza de Antoni Padrós no ciclo El cine en los Encuentros de Pamplona e o pase do seu filme Lock-out (1973).

*O paseo pola Mesquita de Córdoba.

*A actuación de Jean-François Laporte en Arte Sonoro.

*A exhibición de Tie Xi Qu (Wang Bing, 2003) en Documentamadrid 2010.

*O premio FIPRESCI en Cannes para Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010).

*Os "leonardos" do Louvre.

*As propostas de Espejo_s, Juan Gil e José Manuel Costa no Encuentro de Arte Sonoro en España.

*A reapertura do Palacio de Velázquez con Miralda. De gustibus non disputandum

*A serie de televisión Mad Men.

*O paseo pola Sala do Partenón do British Museum.

*Os filmes de Bruce Conner e a conferencia de Bruce Jenkins en Bruce Conner: Un americano original

*A intervención de Isidoro Valcárcel Medina no contexto da Mesa redonda sobre acción, participación y representación en España y Argentina.

*A película Uncle Boonmee Who Can Recall His Past Lives (Apichatpong Weerasethakul, 2010)

*A mostra Hans-Peter Feldmann. “Una exposición de Arte"

Mail

Etiquetas:


|

28.11.10

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Onte fun aos Golem a ver o pase no que exhibían o resultado dos "Talleres de cine sin cámara" que se levaron a cabo dentro do contexto da polémica e moi "gallardoniana" Noche en Blanco de Madrid.

Por razóns técnicas non se puideron pasar as películas que fixeron os profesores destes obraidoros conxuntamente cos seus alumnos. Así que o programa, incluido dentro da irregular Semana de Cine Experimental de Madrid, quedou bastante devaluado. Finalmente, só se pasarón tres filmes dos profesores. Hai que dicir que, polo menos, ante este percance a organización deixou entrar de balde á xente.

Proxectouse Contra el Cine de Alberto Cabrera Bernal (ACB) en formato MiniDv, no que perde bastante. Sería moito mellor "desvelar" o mecanismo de proxección, colocar na sala o proxector de 16 mm. que podería manexar o propio ACB e audiovisionar Contra el Cine na súa textura visual e sonora orixinal. Pero a Semana de Cine Experimental de Madrid optou por minimizar riscos e proxectar todo en dixital.

Entendo perfectamente o que supón nalgúns casos a problemática de pasar as pelis no seu formato orixinal, pero creo que hai que ser moito máis cuidadoso con este aspecto, sobre todo cando tes a plena predisposición dun cineasta que vive na cidade na que se leva a cabo o evento. Desta forma, non houbo gran diferencia entre audiovisionar Contra el Cine aí, ou na casa en Vimeo.

A segunda película foi Horizontes de Miguel Aparicio. Interesante exercizo de relación imaxe/son no que o skyline de Madrid se siluetiza para despois traducirse sonoramente. Si ACB escollía para Contra el Cine escenas nas que os protagonistas están de costas ao público, a composición de Miguel tamén posúe certo grado de agresión, neste caso máis visual que iconográfica, contra un espectador que confronta o seu ollo contra a imaxe parpadeante.

O dato de humor da tarde púxoa involuntariamente o cinema ceibe de Antoni Padrós, ao que dediquei parte dunha investigación que realicei durante o último o ano e que acaba de rematar en Premio Extraordinario. Aínda que estou tomando certa distancia dela, cineastas como Padrós seguen tendo bastante presenza na miña vida. Algo que nalgunha ocasión é buscado conscientemente pero noutras emerxen de xeito imprevisto, case como un accidente.

Neste caso sucedeu que o traballo de Oriol Sánchez Copy Scream proxectábase dende o DVD de Del éxtasis al arrebato, pero o proxeccionista trabucouse e puxo Ice Cream, probablemente pola cercanía fonética dos títulos. Total, que se pasou enteira o erótico happening filmado de Antoni Padrós para sorpresa do público asistente.

Despois deste incidente si que puido audiovisionar a peza de Oriol, na que experimenta tecnicamente para conseguir un berro silencioso, híbrido entre animación e o tratamento con imaxe real.

O conxunto do programa deixou moi bo sabor de boca entre a pequena comunidade que asistiu e foi un breve pero adecuado panorama do que se está a facer agora mesmo dentro do contexto do audiovisual experimental feito dentro no Estado español. E aínda que a comunidade congregada era pequena, foi moito máis numerosa que a do pase do día anterior dunha película de Takashi Shimizu, que se puido audiovisonar nesa mesma sala catro dos cinema Golem Alphaville, a esa mesma hora (as 18:00) e á que asistín eu só. Por certo, coa chea de cineastas que hai ¿Que pinta un ciclo de Shimuzu nunha Semana de Cine Experimental? Misterios insondables.

Mail

Etiquetas:


|

8.11.10

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Propuse en el '66 realizar la colectiva "Homenaje al Viet-Nam" con la idea de romper aquel enfrentamiento, es decir, reunir a los artistas por sus ideas políticas por encima de sus ideas estéticas. Hablé primero con Portantiero quien me vinculó con Gorriarena. Se animó un grupo organizador con gente de ambos bandos. Gorriarena, Basia Kuperman, Hugo Monzón, Alicia Benítez, Pedro Gaeta, Jorge Santamaría, Helio Casal y otros por un lado, y Ricardo Carreira, Roberto Jacoby, Pablo Suárez y yo vinculados a los del Di Tella. Se reunieron más de 200 artistas. El texto lo escribimos con Luis Seoane.


LONGONI, A., MESTMAN, M.: "León Ferrari" en Del di Tella a “Tucumán Arde”. Vanguardia artística y política en el 68 argentino. Buenos Aires: Eudeba, 2008, p. 341.




Mail

Etiquetas: ,


|

5.11.10

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Paso a tarde no Museo Reina Sofía moi ben acompañado visitando as mostras de Hans-Peter Feldmann e Val del Omar, dous valores seguros.

Do primeiro disfruto especialmente da súa epistemoloxía para todos os públicos, como queda claro na súa serie 100 years, 2001 conformada por 101 retratos de persoas achegadas a Feldmann que van dende os oito meses ata os 100 anos. Foi curioso observar como os espectadores se paraban na súa idade e logo continuaban o seu percorrido avanzando na inexorable degradación do tempo. A outra serie que me chamou especialmente a atención foi a adicada as portadas dos xornais do 12-s, o día despois do atentado no World Trade Center, un instante conxelado que desvelaba os diferentes intereses e as diversas inquedanzas na selección e xerarquía das imaxes ou nos propios titulares. Por non falar dese Karl Marx birollo, que na miña lectura de espectador perverso adquire unhas especiais connotacións na actual etapa do museo, e o lirismo dese ¿lenzo? agochado tras a típica cortina de inauguración todavía sen descorrer co que (case) se pechaba a mostra.

Mentras paseabamos polos traballos de Feldmann sentiamos algo que supoño que estará perto dese concepto tan duchampiano que é o infraleve.

Despois tocou a segunda visita á exposición de Val del Omar, tótem indiscutido do cinema experimental estatal. Os inicios contextuais da mostra aclaran máis ben pouco, as transferencias dalgúns formatos a vídeo ofrecen unhas condicións de audiovisionado deficiente e tampouco me fixo ningunha graza que o prezo do catálogo sexa de 40 euros. Pero todo iso queda solapado pola impresionante instalación do seu Tríptico Elemental de España, a pesar de que Acariño Galaico atópase nun lugar de paso e ben merecería unha sala máis illada. A sonoridade destas películas é moi superior á acostumada no cinema de exposición e as imaxes, nun xogo de luces e sombras, desbordan a pantalla. Hai unha sensación de trance moi acorde con esa exploración sin fin e táctilvisual sobre o misticismo que conforma esta triloxía.

Efectista pero efectivo resulta o traslado ao museo do seu laboratorio de creación que axuda a comunicar a dimensión das súas pesquisas fílmicas. Ademáis serve para dar a entender o principal valor deste cineasta: a constante investigación tecnolóxica para levar o audiovisual a terreos inexplorados o que explica a súa pertinaz investigación para acadar novas ferramentas, artellando así unha plástica audiovisual que tivo o mérito de ser pensada máis alá do límite do posible.

Mail

Etiquetas:


|

1.11.10

Do novo 

Las vanguardias sostienen la ideología de lo nuevo como absoluto, que implica la apuesta a la renovación radical, el deseo de la diferencia y la negación de la tradición, y está ligada a los medios de producción modernos, a la alteración de las formas de consumo y a la ideología progresista legada por la revolución industrial (Schwartz, 1993; 40). Esa búsqueda continua de la novedad es también la condena a una condición absolutamente efímera de toda propuesta vanguardista: apenas algo nuevo ha sido hecho, pierde su carácter novedoso, y deb ser superado. Adorno escribe: "Lo nuevo es el deseo de lo nuevo, no es lo nuevo en sí. Esta es la maldición de todo lo que es nuevo". Muchas veces, lo nuevo aparece en la vanguardia como deseo, más que como constatación de la realidad.

LONGONI, A., MESTMAN, M.: Del di Tella a “Tucumán Arde”. Vanguardia artística y política en el 68 argentino. Buenos Aires: Eudeba, 2008, p. 58.

Mail

Etiquetas: ,


|

3.9.10

El tercer umbral. Una reflexión necesaria 

Así remataba un traballo que fixen sobre El Tercer Umbral de José Luis Brea:

Y con las puntualizaciones que le podamos añadir, hay que reconocer que este libro resulta especialmente interesante en nuestro “contexto apático” (hablo del Estado español) casi indiferente a las relaciones arte/nuevas tecnologías, a pesar del desarrollo de proyectos como el Centro de Arte y Creación Industrial de Gijón o “Intermediae” de Madrid que podrán llegar a ser muy interesantes en este campo.

A esta pereza crónica institucional se une la de la iniciativa privada que también está tardando en dar respuestas efectivas a las nuevas necesidades que genera la red. El interés de las galerías por este tipo de prácticas es excepcional y la mayoría de los creadores del mainstream patrio (si es que este existe) son gente que poco tiene que ver con las nuevas tecnologías. Por supuesto siempre hay excepciones, bien individuales: Muntadas, Antoni Abad, Dora García... bien de colectivos (en el caso gallego “aduanerios sem fronteiras” o escoitar.org).

Por ello es especialmente acertado que gente como J.L. Brea se interese por cómo la digitalización, el desarrollo de internet, el consecuente aumento exponencial de intercambio de información transformarán la institución arte. Porque es necesario ir construyendo el relato del arte cibernético (aunque su plenitud esté por venir), un arte sin materia que transita ya por ese no-lugar que es la red de redes.

Mail

Etiquetas: ,


|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License