<$BlogRSDURL$>

6.3.11

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Audiencias de museo (Prólogo)

Hai uns días lin que o CGAC tivera entre xaneiro e agosto do 2010 soamente a visita de 28.000 persoas. O dato chamou especialmente a miña atención porque o 2010 foi Ano Xacobeo. Pensemos que no primeiro destes anos santos que viviu o CGAC, o de 1999, recibiu 130.000 visitantes e dende aí comezou un progresivo declive ata o 2009 no que pasaron por el 49906. Todas estas cifras agochan unha complexa realidade cultural que vai dende a multiciplicidade de espazos ata o recente recorte no seu orzamento que pasou de 4.300.000 euros no 2010 (cifra nada desdeñable) aos 2.200.000 no 2011.

Post scriptum: Hoxe, na edición dixital de Xornal, publicábase unha nova referida ao Museo do Pobo Galego (MPG), que comparte o contexto de Bonaval co CGAC. Cada un ten unha realidade económica e un estauto diferente así que as situación ás que teñen que respostar son diversas. O MPG, recibiu no 2010 máis de 90.000 visitantes e contou cun orzamento de 600.000 euros. Neste ciclo esta cifra rediciuse aos 450.000 euros. Por iso, para evitar un posible ERE, decidiron cobrar por primeira vez a entrada.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License