<$BlogRSDURL$>

22.5.11

Comunicando... (por Marga Román) 



Mail

Etiquetas:


|

8.4.11

Intervención de Portugal (Cara B) 

Parece que cada vez máis a verdade é unha cuestión de imaxe e ata para estas cuestións ser telexénico é importante..



Mail

Etiquetas: ,


|

8.1.09

Comunicando (por Marga Román) 

Segundo un estudo elaborado polo Observatorio de Medios Audiovisuales de la Universidad de Salamanca, publicado na revista dixital EnRed, a Universidade Pública de Navarra e a UC3M de Madrid son as institucións universitarias que contan cunha web de máis calidade. No último posto da lista quedou a Francisco de Victoria (un centro privado).

Dos centros galegos o que obtén unha mellor puntuación é a USC e o que sae peor parado e a UDC.

Mail

Etiquetas:


|

25.10.08

O "curioso" sentido do humor de César Vidal 

Un presunto "chiste" escoitado a César Vidal (contouno dúas veces que eu teña constancia) en La Linterna (cito de memoria):

-¿Sabe por qué las carreteras francesas tienen árboles a los dos lados?
Porque a los soldados alemanes les gusta pasear a la sombra.

E ante anotacións (posts) coma estas pregúntome ¿Hai que darlle publicidade a estas cousas para deixar constancia delas?

Mail

Etiquetas:


|

21.10.08

Preguntas a Fernando Tejero no Semanal 3 da Universidade Carlos III de Madrid 

1.- Aunque ha saltado a la fama gracias a sus papeles en la pequeña pantalla el inicio de su formación es teatral ¿Es el teatro la mejor escuela para un actor?

Sin ninguna duda el teatro es la mejor escuela para un actor, ya que el teatro es la base de la interpretación... También creo que un actor debe de formarse en una buena escuela, que las hay.

2.- La Universidad Carlos III oferta estudios orientados a la incorporación de profesionales a las empresas audiovisuales ¿Cómo ve el panorama de la industria audiovisual en España?

Pues creo que es un buen momento para la industria audiovisual porque actualmente hay mucha producción en la televisión, eso significa que hacen falta técnicos... con lo cual este es un buen momento.

3.- ¿Qué les recomienda a aquellos jóvenes que sueñan con dedicarse al mundo de la interpretación?


Sobre todo que se formen, absorban y mucha entrega. En esta profesión la entrega y la pasión es fundamental. ¡Ah…! y paciencia, porque la paciencia es otro arte, el de saber esperar (risas).

4.- Cuenta ya con una gran experiencia como actor ¿Se ha planteado alguna vez dar el paso a la dirección?


Ufff… Qué miedo. Aunque sinceramente me fascina el mundo de la dirección de actores. Sería un sueño poder hacerlo algún día pero el mundo de la dirección me parece realmente difícil y siento un gran respeto por la gente que se prepara para dedicarse a ello.


5.- ¿Cuáles son sus próximos proyectos para cine y televisión?


Acabo de terminar una película en Galicia que se llama Al final del camino donde comparto reparto con Diego Peretti, Malena Alterio, Javier Gutiérrez... y ahora estoy en período de reflexión, me apetecía parar un poco y verlo todo con distancia. Además estoy mirando proyectos, hay un par de ellos, tanto en cine como en televisión, que me interesan... pero ya veremos. Lo que haré seguro será teatro con Mariano Barroso y Juan Cavestany, en estos momentos es lo que más me apetece.

O perfil completo neste link

Fernando Tejero en imdb


Mail

Etiquetas: ,


|

10.8.08

Comunicando... (por Marga Román) 

Chama a atención a pouca vontade pedagóxica que teñen os medios televisivos en España. Para min foi absolutamente imposible saber que pasaba entre Xeorxia e Rusia a través dos telexornais. Só titulares e imaxes de xente chorando ou ferida que, en vez de informar, desinformaban levando ao desconcerto e a confusión. Nin unha palabra sobre cal é a orixe do problema, sobre que motivaba que Rusia tomara a decisión que tomou, sobre que pasa coa traxicamente famosa Osetia de Sur. E iso que en agosto non hai novas (salvo os Xogos Olímpicos claro).

Mail

Etiquetas:


|

23.6.08

Comunicando... (Marga Román) 

Neste fragmento de bitácora falo moito das audiencias lembrando a súa potencial inexactitude pero tendo en conta o seu gran valor orientativo. Pois ben, dende que se miden as audiencias, os penalties do partido Italia-Esapaña de onte foi o evento que máis xente concentrou diante da televisión. O dato, nada anecdótico, mostra a importancia que teñen os eventos deportivos como fenómenos culturais. Tampouco entra dentro do terreo da anécdota que Madrid fora a comunidade no que máis se seguiu o encontro e Euskadi, Cataluña e Aragón as comunidades nas que menos. ¿Será que non lles gusta o fútbol? ¿Estaban na Expo e non podían ver o partido? ¿Será cuestión de política? ¿Aragón ceibe?





Tes unha información máis detallada en Formula TV

Mail

Etiquetas:


|

12.4.08

Da importancia de saír na tele 

Versión Española (non poño a ligazón á paxina web porque é penosa e ademáis contén datos erróneos) dá saída televisiva aos últimos produtos cinematográficos Made in Spain. Unha auténtica labor de servizo público (para iso está pensada por lei a televisión en España) que consegue que unha película como Oculto (non entro a xulgar a súa calidade artística) da que case ninguén coñece a súa existencia sexa vista por cerca dun millón de persoas.

Só 88.495 espectadores en España, datos do Ministerio de Cultura, optaron por vela nos cinemas e no prime time de La 2 de onte logra ser vista polo 5,3% da audiencia. Uns hipotéticos 920.000 televidentes seguiron esta longametraxe, é dicir, dez veces máis que as persoas que asistiron ao seu pase por salas cinematográficas. Dá que pensar ¿Non?

Mail

Etiquetas: ,


|

10.4.08

Pretty Woman 



¡Non falla! No seu duodécimo pase televisivo (dato aportado por Fórmula TV) Pretty Woman volve a funcionar no prime time español. 18 anos despois da súa producción esta coñecida historia protagonizada por unha cincenta contemporánea (Julia Roberts) e un galán máis galán que os das pelis clásicas (Richard Gere) logrou a atención do 26,1% da audiencia (uns teóricos 4.267.000 espectadores). Un dato excepcional que favoreceu que La 1 fora a canle máis vista do día de onte.


Mail

Etiquetas: ,


|

1.4.08

PERIFÉRICOS infiltrado 

Teño que ser xusta: moi eficientes esta xente de OPTENET. Onte envieilles unha queixa e hoxe xa tiña a contestación no meu mail.

"Estimado Cliente:
La página de Internet a la que deseaba acceder, http://perifericos.blogspot.com/, ha sido revisada y reclasificada. Le agradecemos su colaboración. Si usted tiene acceso a la categoría actual de dicha página, dispondrá de acceso a la misma en breve. No olvide borrar la memoria caché del navegador antes de intentar acceder a la página. Si su navegador es Explorer puede hacerlo en Herramientas, escoja Opciones de Internet y pulse en Eliminar archivos. Rogamos disculpe las molestias.
Le saluda atentamente,
Centro de Atención al ClienteOptenet"

Tras onte cagarme matizadamente neles, hoxe PERIFÉRICOS volta a estar "infiltrado"
Mail

Etiquetas: ,


|

31.3.08

PERIFÉRICOS filtrado 

Hoxe, nunha biblioteca pública, na que os que estabamos utilizando os ordenadores eramos todos maiores de idade, tívenme que enfrontar ao filtro de OPTENET (non lle penso poñer un link). Non me deixaba entrar nas páxinas para consultar as audiencias televisivas e o que é peor non me deixaba entrar en PERIFÉRICOS porque esta bitácora tamén estaba "filtrada"

Entendo o dos filtros para protexer a infancia de contidos que lle son impropios pero os que xa somos algo maiores (¿maduros?) temos o dereito de librarnos del polo ben dos nosos traballos académicos.

Así que para que siga "censurado" PERIFÉRICOS (e con perdón do resto de escribintes e ciberlectores deste blogue) MECAGO MATIZADAMENTE EN OPTENET polos tres euros que me acaba de facer gastar nun ciber.


Mail

Etiquetas: ,


|

11.3.08

Comunicando... (Marga Román) 

Con ese collage irónico de "reguetones" que é o Chiki Chiki o freak gañou ao pink power nunhas candidaturas de Eurovisión pensadas para os "raros" . O máis interesante de Rodolfo Chikilicuatre é o seu proceso de construcción que evidencia como se pode conseguir todo un hit máis social que musical cunha boa campaña mediática (apoio incondicional de La Sexta incluído) na que o humor foi o punto clave. Persoalmente prefería a La Casa Azul (que quedaron terceiros), aquí vos deixo a súa actuación na gala especial de TVE "Salvemos EUROVISION".





Mail

Etiquetas:


|

27.2.08

Comunicando... (Marga Román) 

A audiencia respaldou a reaparición do debate entre presidenciables (completo análise de audiencia nesta web) e algunhas canles privadas (como Telecinco ou Antena 3) que tan interesadas estaban en dalo en exclusiva optaron por ofrecer unha programación alternativa.

A idea que tiñan ambas emisoras era a seguinte: se o dou en exclusiva arraso en audiencia, se arraso en audiencia vendo a publicidade cara ergo máis cartiños para a saca. Ao non poder ser así optaron pola outra opción: case todo o mundo vai estar vendo o debate, se ofrezo unha cousa diferente capto a atencón da audiencia que non o estea vendo daquela saeme máis a conto non emitilo. Aínda así os resultados habituais de Antena 3 e Telecinco (coa inexpugnable CSI) se resentiron.

Viñeta de Forges

Mail

Etiquetas:


|

11.2.08

Comunicando... (Marga Román) 


Os de Nintendo, moi listos eles, aumentaron o target dos videoxogos para conseguir captar a un público economicamente moi interesante. Á Nintendo DS pode xogar dende o típico adolescente onanista ata a Raíña de Inglaterra, os videoxogos consiguen introducirse así nas idades de maior consumo televisivo. Co desenvolvemento destas novas formas de ocio, a fragmentación das audiencias e a multiplicación de canles a tele terá que espabilar moito (e o cinema xa non digamos). Sen embargo, todavía pasamos unha media de 223 minutos diante dela (relación tempo en minutos por día / habitante do estado español).

Imaxe atopada nesta web


Mail

Etiquetas:


|

2.2.08

Elementos do feito diferencial... 

Si se vive tan ben en Galicia (cousa que non dubido) habería que preguntarse ¿Por que o rapaz entraxetado e desengaravatado do anuncio vive fóra? O elemento diferencial vende e axuda vender: "Vivamos como galegos" (pero fóra de Galicia).


Mail

Etiquetas: ,


|

28.1.08

Novas, novas... 

Do 30 de Xaneiro ao 1 de Febreiro celébrase na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela o congreso fundacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación: "I+C Investigar a Comunicación". Toda a información aquí.

Mail

Etiquetas: ,


|

26.1.08

Comunicando... (Marga Román) 


Seguindo a lóxica televisiva de anos anteriores a emisión que máis interés cuantitativo xerou na audiencia foi deportiva: a rolda de penaltis na final da Copa da UEFA disputada entre Español e Sevilla congregou diante da televisión a 10.170.000 espectadores (unha cuota de 50,4% ¡Case nada!).

Fora dos eventos deportivos (consolidados como auténticos fenómenos culturais de primeira magnitude) o máis visto do 2007 foi o Shreketefeliz Navidad (12º posto no ranking xeral). Emitida o día de Nadal en Antena 3, acadou unha audiencia media de 6.864.000 espectadores. É dicir un telefilme de animación cunha duración inferior á media hora, un xénero que en principio non está chamado a ser un “gran evento”, sen embargo, ten a capacidade de convocar a un excepcional número de telespectadores nunha canle que non é a líder.


Mail

Etiquetas: , ,


|

19.1.08

Comunicando... (Marga Román) 
















Non lle acaban de saír as cousas a Antena 3 que emitiu unha miniserie (ou dúas tv. movies) o pasado mércores e o pasado xoves sobre “O Solitario”. O tratamento dende a ficción deste personaxe (coincidindo oportunamente coa súa extradición a España) contaba con toda-las papeletas para atraer a gran número de audiencia. Pero non, Telecinco programou en prime time o culebrón dun mafioso guapetón e unha adolescente ñoña titulado Sin tetas no hay paraíso (3.880.000) e o día seguinte a gala de inicio do reality Supervivientes (3.854.000) que nesta edición conta coas participacións estelares de Joselito e da cronista do cotorreo sentimental Karmele Marchante e acadou ser a opción máis vista . Soy el Solitario tívose que conformar os dous días cun discreto terceiro posto (2.633.000 e 3.072.000) por detrás da televisión pública española que o mércores programou Una Chica de Jersey de Kevin Smith (3.014.000) e o xoves Cuéntame como pasó (3.211.000). Parece que case todo o que programe Telecinco en prime time está destinado a ser líder de audiencia (co permiso do globomediático Los hombres de Paco). ¿Cuestión de hábitos televisivos?


Mail

Etiquetas:


|

26.12.07

Comunicando... (Marga Román) 



Nin fotos da voda do seu fillo, nin da súa neta (tivo un ano familiarmente difícil), nin tan siquera saía nun dos seus encontros multitudinarios coa xente. Desta volta, na tradicional fotografia que acompaña ao rei no discurso de Nadal, Juan Carlos I retratouse cun rapaz plantando unha palmeira. Dentro do "políticamente correcto" da posta en escea isto supón unha selección segura porque o verde vende e a ecoloxía é o novo dogma de fe. Ao outro lado, non esquezamos que é un discurso do xefe de estado, aparecía representado o Nacemento ¿Tradición ou relixión?
Imaxe atopada en http://adnmundo.com
Mail

Etiquetas:


|

10.12.07

Comunicando... (Marga Román) 

Según os datos que proporciona a ADESE (Asociación Española de Distribuidores y Editores de Software de Entretenimiento) España é o cuarto estado europeo en nivel de consumo de videoxogos (non así na creación dos seus contidos of course). A estimación de consumo no 2006 deste sector en España (967 millóns de euros) supera ao de películas de vídeo (442 millóns de euros), música grabada (372 millóns de euros) e ao recadado nas taquillas de cine (636 millóns de euros). Pero nin pola vía da economía, nin pola vía do consumo, os videoxogos acadan en España o status de "cultura" ou iso parece despois de botarlle un breve vistazo ao ministerio do ramo que non semella telos moi en conta.

Mail

Etiquetas:


|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License