27.2.08
Comunicando... (Marga Román)
A audiencia respaldou a reaparición do debate entre presidenciables (completo análise de audiencia nesta web) e algunhas canles privadas (como Telecinco ou Antena 3) que tan interesadas estaban en dalo en exclusiva optaron por ofrecer unha programación alternativa.A idea que tiñan ambas emisoras era a seguinte: se o dou en exclusiva arraso en audiencia, se arraso en audiencia vendo a publicidade cara ergo máis cartiños para a saca. Ao non poder ser así optaron pola outra opción: case todo o mundo vai estar vendo o debate, se ofrezo unha cousa diferente capto a atencón da audiencia que non o estea vendo daquela saeme máis a conto non emitilo. Aínda así os resultados habituais de Antena 3 e Telecinco (coa inexpugnable CSI) se resentiron.
Etiquetas: Marga Román
Comments:
Publicar un comentario