31.3.08
PERIFÉRICOS filtrado
Hoxe, nunha biblioteca pública, na que os que estabamos utilizando os ordenadores eramos todos maiores de idade, tívenme que enfrontar ao filtro de OPTENET (non lle penso poñer un link). Non me deixaba entrar nas páxinas para consultar as audiencias televisivas e o que é peor non me deixaba entrar en PERIFÉRICOS porque esta bitácora tamén estaba "filtrada"
Entendo o dos filtros para protexer a infancia de contidos que lle son impropios pero os que xa somos algo maiores (¿maduros?) temos o dereito de librarnos del polo ben dos nosos traballos académicos.
Así que para que siga "censurado" PERIFÉRICOS (e con perdón do resto de escribintes e ciberlectores deste blogue) MECAGO MATIZADAMENTE EN OPTENET polos tres euros que me acaba de facer gastar nun ciber.
Etiquetas: Bloguería, Marga Román
Comments:
Publicar un comentario