<$BlogRSDURL$>

26.1.08

Comunicando... (Marga Román) 


Seguindo a lóxica televisiva de anos anteriores a emisión que máis interés cuantitativo xerou na audiencia foi deportiva: a rolda de penaltis na final da Copa da UEFA disputada entre Español e Sevilla congregou diante da televisión a 10.170.000 espectadores (unha cuota de 50,4% ¡Case nada!).

Fora dos eventos deportivos (consolidados como auténticos fenómenos culturais de primeira magnitude) o máis visto do 2007 foi o Shreketefeliz Navidad (12º posto no ranking xeral). Emitida o día de Nadal en Antena 3, acadou unha audiencia media de 6.864.000 espectadores. É dicir un telefilme de animación cunha duración inferior á media hora, un xénero que en principio non está chamado a ser un “gran evento”, sen embargo, ten a capacidade de convocar a un excepcional número de telespectadores nunha canle que non é a líder.


Mail

Etiquetas: , ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License