<$BlogRSDURL$>

19.1.08

Comunicando... (Marga Román) 
















Non lle acaban de saír as cousas a Antena 3 que emitiu unha miniserie (ou dúas tv. movies) o pasado mércores e o pasado xoves sobre “O Solitario”. O tratamento dende a ficción deste personaxe (coincidindo oportunamente coa súa extradición a España) contaba con toda-las papeletas para atraer a gran número de audiencia. Pero non, Telecinco programou en prime time o culebrón dun mafioso guapetón e unha adolescente ñoña titulado Sin tetas no hay paraíso (3.880.000) e o día seguinte a gala de inicio do reality Supervivientes (3.854.000) que nesta edición conta coas participacións estelares de Joselito e da cronista do cotorreo sentimental Karmele Marchante e acadou ser a opción máis vista . Soy el Solitario tívose que conformar os dous días cun discreto terceiro posto (2.633.000 e 3.072.000) por detrás da televisión pública española que o mércores programou Una Chica de Jersey de Kevin Smith (3.014.000) e o xoves Cuéntame como pasó (3.211.000). Parece que case todo o que programe Telecinco en prime time está destinado a ser líder de audiencia (co permiso do globomediático Los hombres de Paco). ¿Cuestión de hábitos televisivos?


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License