12.4.08
Da importancia de saír na tele
Versión Española (non poño a ligazón á paxina web porque é penosa e ademáis contén datos erróneos) dá saída televisiva aos últimos produtos cinematográficos Made in Spain. Unha auténtica labor de servizo público (para iso está pensada por lei a televisión en España) que consegue que unha película como Oculto (non entro a xulgar a súa calidade artística) da que case ninguén coñece a súa existencia sexa vista por cerca dun millón de persoas.Só 88.495 espectadores en España, datos do Ministerio de Cultura, optaron por vela nos cinemas e no prime time de La 2 de onte logra ser vista polo 5,3% da audiencia. Uns hipotéticos 920.000 televidentes seguiron esta longametraxe, é dicir, dez veces máis que as persoas que asistiron ao seu pase por salas cinematográficas. Dá que pensar ¿Non?
Etiquetas: Cine en TV, Marga Román
Comments:
Publicar un comentario