11.2.08
Comunicando... (Marga Román)

Os de Nintendo, moi listos eles, aumentaron o target dos videoxogos para conseguir captar a un público economicamente moi interesante. Á Nintendo DS pode xogar dende o típico adolescente onanista ata a Raíña de Inglaterra, os videoxogos consiguen introducirse así nas idades de maior consumo televisivo. Co desenvolvemento destas novas formas de ocio, a fragmentación das audiencias e a multiplicación de canles a tele terá que espabilar moito (e o cinema xa non digamos). Sen embargo, todavía pasamos unha media de 223 minutos diante dela (relación tempo en minutos por día / habitante do estado español).
Imaxe atopada nesta web
Etiquetas: Marga Román
Comments:
Publicar un comentario