26.7.10
Pepapaco ou un eremita en Compostela
Quixera escribir unha anotación sobre una nena que veu hoxe o seu primeiro filme. Pero agora mesmo non me sae.
|
Etiquetas: Eremita en Compostela
25.7.10
Pepapaco ou un eremita en Compostela
Pareceume que había menos xente na Quintana que o ano pasado pero un "dos de sempre" díxome que non había nin máis nin menos senón que estaban "os de sempre". Pois iso, "os de sempre" escoitaban a Guillerme Vázquez ao que aplaudiron con bastante menos intensidade que cando se anunciou que no evento había un representante do Partido dos Trabalhadores de Brasil. Mentres Vázquez falaba, Beiras e o seu séquito buscaban terraza para tomar algo nos soportais da Quintana.
No Toural, que estaba discretamente cheo, actuaban os chairegos Mini e Mero que arrincaron algunha bágoa a un par de persoas (feito do que fun testemuña ocular). Alí se reuniu Causa Galiza coa presenza de Méndez Ferrín que non escoitou todos os discursos. Mentras unha muller falaba de algo así como asasinan as nosas vacas e beben a nosa leite, Ferrín con lentes de sol entrou nun bar do Toural e eu decidín non escoitar máis.
Tras o polvo á feira con viño peleón na Alameda e sesta na sombra dunha árbore baixei ao Festigal. No escenario bosquexaba a súa actuación Susana Seivane e nos postos vendían os accesorios do compromiso. A nivel de libros non vin nada novo, o máis interesante viña da asociación Traficantes de Sueños, e chamoume especialmente a atención un volume portugués que compilaba textos da Internacional Situacionista.
Día sen novidades nos discursos, sen sopresas no político, demasiado partido e pouco individuo. Día moi agradable polo tempo e pola compaña. Día de celebración porque me reencontrei con Compostela que xa tiña gañas.
Etiquetas: Eremita en Compostela
11.6.08
Elementos do feito diferencial...
As voltas que da a vida. Agora resulta que o "agallardonamento" de Fraga fai que a dereita ortodoxa o tache de "galleguista y partidario del monolingüismo" (o artigo publicado hoxe en ABC por César Alonso de los Ríos El "Patriota" Fraga non ten desperdicio). Dende logo Fraga mostrou un maior interese no galego se o comparamos con Rajoy, outro neófito do centro reformista que fuxe do galego (polo menos nas súas aparicións públicas) como se fora o demo.
Esto ven a conto dun tema como a lingua, ao que teño moitas gañas de incarlle o dente e dedicarlle varias anotacións pero o meu inexistente tempo libre nestas datas fai que vaia pospoñendo esta tarefa sine die.
Comezo cunhas reflexións personais, empíricas e transferibles. Nas dúas facultades nas que estiven en Santiago o uso do galego tanto entre alumnos como entre profesores era absolutamente minoritario. Incluso podería calificar o uso docente do galego como marxinal contándose cos dedos dunha man os profesores que daban as clases nesta lingua. A maioría das persoas implicadas na comunidade universitaria vivía está situación como natural. O galego nunca foi lingua universitaria e na maioría das facultades segue sen selo. Cosmeticamente utilízase polos investigadores para aquelas publicacións subvencionadas pola Xunta referentes ás peculiaridades do dereito en Galicia ou á arte medieval da Galicia suroriental. E todos tan contentos. ¿Esta é a "situación de poder" que ten o galego na ensinanza? Neste intre aspirar a que o cincuenta por cento das clases universitarias sexan dadas en galego todavía queda dentro do terreo da utopía.

Etiquetas: Don Manuel, Eremita en Compostela, Feito diferencial, Uxío Marsuco
1.6.08
Pepepaco ou un Eremita que estudiou en Compostela
Na miña Compostela, ou no meu retrato de Compostela, tería que estar o jazzman. Un artistazo que toca con slowhand unha vella guitarra e que vai sempre caracterizado cunha chupa de coiro, cunha media media negra enriba do rostro, cuns grandes beizos postizos e co seu inseparable gorro. El é un dos músicos urbáns que pon banda sonora (da boa) ao casco vello santiagués. Por iso, resultou raro velo na televisión, no programa-casting de Telecinco "Tú si que vales". Ao comezo da súa actuación o jazzman lanzoulles bromas músicais pero o xurado estivo realmente distante, incluso o Ángel Llacer sacou a súa peor cara de "repelente niño Vicente", pero sen entrarlles ao trapo e sempre con gran diplomacia, o jazzman capeou esta inicial frialdade e finalmente fíxose coa súa aprobación. Non foi a súa mellor actuación pero foi unha actuación na que estaban moitos dos seus "clásicos". Mirade o vídeo e xa entenderedes como se pode ser un músico popular sen deixar de ser tremendamente elegante.
Etiquetas: Eremita en Compostela
25.3.08
Itinerarios Periféricos...
Sorprendeume chegar ao compostelán piso dun amigo e ver colgado na parede o mapa de Europa que eu lle dera xusto despois de remata-la miña estadía universitaria nesa cidade. Nese mapa estaban marcados con boliñas de "blu tack" as cidades por onde andivo viaxando (que por certo son bastantes). Ese mesmo é o sentido de Itinerarios Periféricos, deixar constancia dos lugares por onde estiven e por onde estou. É certo que non están todos os que foron pero si que foron todos os que están. E sobre o que me preguntaba ela, sobre se eu pensaba que isto tiña algún interese para a xente, estou seguro de que non.
Hai anotacións que nacen da necesidade de ser escritas máis que da necesidade de ser lidas. Así que, agardo que se me permitan istos solipsismos ocasionais nunha bitácora xa de por si bastante solipsista.

Etiquetas: Bloguería, Eremita en Compostela, Itinerarios Periféricos
30.6.07
Pepepaco ou un eremita en Compostela
A pesar do tempo que pasei estudando en Santiago non cheguei a convertirme nunha figura de granito. Onte a finalización da carreira fíxose oficial "Juan Carlos I, Rey de España, e no seu nome o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Considerando que, conforme as disposicións e circunstancias establecidas pola lexislación vixente, D. Pepepaco O Eremita nado nunha chaira que non é chaira un día do mes de San Xoan hai bastante tempo (cada vez máis), de plurinacionalidade española, superou os estudos universitarios correspondentes, organizados pola Facultade de Xeografía e Historia conforme un plan de estudos homologado polo Consello da Universidade, expide o presente TÍTULO UNIVERSITARIO OFICIAL DE LICENCIADO E HISTORIA DA ARTE con validez en todo o territorio plurinacional, que faculta ao interesado para gozar (ou ghosar) dos dereitos que a este título outorgan as disposicións vixentes. Dado en Santiago de Compostela, a 29 de setembro do 2006". Como finalmente non me convertin nunha escultura que formase parte do Pórtico da Gloria (todo facía indicar o contrario) aproveitei para quitarme unha fotografía co título na man debaixo de tan insigne obra. Moita sorte e ánimo aos que quedan, parabéns para os que xa remataron. Foi a última liña dun relato con final aberto.
Etiquetas: Eremita en Compostela