25.3.08

Itinerarios Periféricos... 

Sorprendeume chegar ao compostelán piso dun amigo e ver colgado na parede o mapa de Europa que eu lle dera xusto despois de remata-la miña estadía universitaria nesa cidade. Nese mapa estaban marcados con boliñas de "blu tack" as cidades por onde andivo viaxando (que por certo son bastantes). Ese mesmo é o sentido de Itinerarios Periféricos, deixar constancia dos lugares por onde estiven e por onde estou. É certo que non están todos os que foron pero si que foron todos os que están. E sobre o que me preguntaba ela, sobre se eu pensaba que isto tiña algún interese para a xente, estou seguro de que non.

Hai anotacións que nacen da necesidade de ser escritas máis que da necesidade de ser lidas. Así que, agardo que se me permitan istos solipsismos ocasionais nunha bitácora xa de por si bastante solipsista.

Mail

Etiquetas: , ,


|
Comments: Publicar un comentario en la entrada

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License