1.6.08
Pepepaco ou un Eremita que estudiou en Compostela
Na miña Compostela, ou no meu retrato de Compostela, tería que estar o jazzman. Un artistazo que toca con slowhand unha vella guitarra e que vai sempre caracterizado cunha chupa de coiro, cunha media media negra enriba do rostro, cuns grandes beizos postizos e co seu inseparable gorro. El é un dos músicos urbáns que pon banda sonora (da boa) ao casco vello santiagués. Por iso, resultou raro velo na televisión, no programa-casting de Telecinco "Tú si que vales". Ao comezo da súa actuación o jazzman lanzoulles bromas músicais pero o xurado estivo realmente distante, incluso o Ángel Llacer sacou a súa peor cara de "repelente niño Vicente", pero sen entrarlles ao trapo e sempre con gran diplomacia, o jazzman capeou esta inicial frialdade e finalmente fíxose coa súa aprobación. Non foi a súa mellor actuación pero foi unha actuación na que estaban moitos dos seus "clásicos". Mirade o vídeo e xa entenderedes como se pode ser un músico popular sen deixar de ser tremendamente elegante.
Etiquetas: Eremita en Compostela
Comments:
Publicar un comentario