19.11.08
Posibilidades
|11.10.08
Posibilidades
Capitais furtivos. ¿E ti cres que collerán todos estes millóns de euros nesa caixa de zapatos?
|
Etiquetas: Posibilidades
12.9.08
Posibilidades
Un equipo de investigación da Universidade de Galicia/Galiza desenvolve un sistema de realidade virtual para que a visita dos pisos de aluguer se poida facer mediante inmersión utilizando unhas lentes que permiten moverse con total liberade pola reconstrucción electrónica do piso.
Etiquetas: Posibilidades
24.8.08
Posibilidades
Segundo acaba de informar a Xunta Transestelar o transporte intergaláctico chegará a Galicia con varios anos luz de retraso.
|
Etiquetas: Posibilidades
2.8.08
Posibilidades
Cabreiroá abre en Marte a primeira planta embotelladora de auga mineral dese planeta.
|
Etiquetas: Posibilidades
28.7.08
Manifesto por unha lingua global
Periféricos tivo acceso en exclusiva a un documento de interese excepcional (a tradución do chinés é propia).
"O chinés é a lingua que máis persoas do planeta comparten. O seu descoñecemento fomenta a fractura comunicativa entre terrícolas e supón un grave prexuizo para a industria turística ante o potencial mercado no que nos próximos anos se convertirá a China comunista/capitalista. Por iso, atendendo ás necesidades dos individuos e non á falacia dos territorios ECHE (Escritores en chinés de España) reinvidica o dereito lexítimo que toda persoa ten a expresarse en todos os eidos e en todos os lugares na lingua máis común do mundo.
"O chinés é a lingua que máis persoas do planeta comparten. O seu descoñecemento fomenta a fractura comunicativa entre terrícolas e supón un grave prexuizo para a industria turística ante o potencial mercado no que nos próximos anos se convertirá a China comunista/capitalista. Por iso, atendendo ás necesidades dos individuos e non á falacia dos territorios ECHE (Escritores en chinés de España) reinvidica o dereito lexítimo que toda persoa ten a expresarse en todos os eidos e en todos os lugares na lingua máis común do mundo.
Asina:
Jin Zedong-Castinheiras
Presidente de honra de ECHE"
Jin Zedong-Castinheiras
Presidente de honra de ECHE"
Podes subscribir o manifesto nesta bitácora.
Etiquetas: Posibilidades, Uxío Marsuco
31.5.08
Posibilidades
O representante de Castela en Eurovisión Chikilicuatre 2.0 consegue os 12 de puntos de Euskal Herria, Países Cataláns, Galicia, Canarias, Andalucía, Andorra e Portugal.
Etiquetas: Posibilidades
19.4.08
Posibilidades
Compostela organiza unha festa holográfica para celebrar o seu trixésimo quinto aniversario.
|
Etiquetas: Bloguería, Posibilidades
13.4.08
Posibilidades
O uso de biocarburantes provoca unha subida de prezos dos alimentos que fai que a fame se extenda polo mundo.
Etiquetas: Posibilidades
9.4.08
Posibilidades
Detido o conselleiro de urbanismo da parte occidental de Marte por estar implicado nunha trama de corrupción inmobiliaria.
|
Etiquetas: Posibilidades
2.3.08
Posibilidades
Despois de que a vella Marina D´Or quedara como unha nova Atlántida. O complexo turístico trasládase a recén inaugurada praia de Cuenca.
.
Etiquetas: Posibilidades
17.2.08
Posibilidades
Unha importante empresa transnacional dedicada á cultura abre o proceso de selección para bolseiros. Requírise licenciado con alto nivel de inglés que esté disposto a traballar de luns a venres catro horas polas mañáns. O bolseiro seleccionado comprometerase a pagarlle á empresa 300 euros ao mes a cambio do servizo de formación que esta lle presta dándolle a experiencia necesaria para que acceda ao mercado laboral.
Etiquetas: Posibilidades
10.2.08
Posibilidades
Os membros da Academia da Ex–lingua Galega decidiron na súa derradeira reunión por absoluta unanimidade adoptar a normativa portuguesa e resituar o galego na categoría de variedade dialectal. O galego morreu como lingua oficial (D.E.P.) ¡Viva o portugués!Imaxe atopada na páxina da Academia da Ex-lingua
Etiquetas: Feito diferencial, Posibilidades
3.2.08
Posibilidades
Buscando acadar unha maior eficacia do servizo a través da competencia, a Comunidade de Madrid vende a metade dos seus complexos hospitalarios a unha multinacional chinesa.
Etiquetas: Eremita en Madrid, Posibilidades
27.1.08
Posibilidades
“Relatos a posteriori S.L.”
(Constructores e promotores)
Dámoslle significado e publicitamos calquera tipo de creación cultural. Vostede poña a obra que nós xa nos encargamos de construír o seu relato e posteriormente de dala a coñecer nos medios máis in do momento.
(Constructores e promotores)
Dámoslle significado e publicitamos calquera tipo de creación cultural. Vostede poña a obra que nós xa nos encargamos de construír o seu relato e posteriormente de dala a coñecer nos medios máis in do momento.
Etiquetas: Isaac Marcel, Posibilidades
22.1.08
Posibilidades
Unha importante empresa madrileña pon á venda un neutralizador de acentos. O aparello está especialmente indicado para aqueles extremeños, asturianos, galegos e andaluces que queiran dedicarse ao eido da comunicación sonora. Proximamente tamén aparecerá no mercado un neutralizador de acentos específico para actores arxentinos que traballan en España.
Etiquetas: Posibilidades