19.8.10
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Na cova. Días de moito traballo.
|
Etiquetas: Eremita en Madrid, IREE
2.8.10
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Pola tarde retomarei a vida net.eremítica nun refuxio antiaéreo de pouco máis de 30 metros cadrados, protexido por unha persiana baixada que impide entrar a luz do sol madrileño e parte do seu calor. E así durante 24 días nos que poucas saídas furtivas haberá. Outro agosto na capital da plurinación.
Etiquetas: Eremita en Madrid
12.7.10
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Estou feliz. Chegoume a avaliación da miña docencia universitaria e @s estudantes puxéronme un 4,8 de 5. Sen dúbida, darlles clase foi, no profesional, o mellor deste ano cheo de incertidumes. Tiven a sorte de toparme cun grupo excepcional ao que fixen traballar moito e que respondeu ás esixencias da materia (que eran bastantes) con creces. Para min foi moito traballo, a temática era de difícil explicación, pero houbo unha marabillosa (en galego con"b") conexión dende o primeiro intre. Apelei, preguntei e apelaron e preguntáronme, incluso houbo varios momentos de intensas e interesantes discusión. Aprendín moito máis do que ensinei, e non é un tópico, foi un proceso activo de circulación do coñecemento. Xente de 20 anos cun gran talento para a creación audiovisual e que, sobre todo, disfrutan co que están a facer, que hoxe en día é que o falta.
Aínda que non lles vai chegar esta anotación, e probablemente quede en suspensión no buraco negro do ciberespazo, gustábame transmitir este sentimento de fe na xente nova. Espero que esta nova xeración recupere o entusiamo. ¡Que viva o entusiamo! ¡Que vivan @s entusiatas!
Etiquetas: Eremita en Madrid
7.7.10
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Calor... ¡Que calor! Madrid encolle con tanta calor, quédase minúscula encerrada entre catro paredes con luz artificial, sen aire acondicionado e coas persianas baixadas. Nesta época non son malos os refuxios antiaéreos dos cinemas e dos museos, un pode tentar tamén agocharse entre a frondosidade do Retiro, todo por escapar dese formigón que ferve insoportablemente.
Etiquetas: Eremita en Madrid
29.4.10
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Sobrevivo (polo de agora) á espiral producionista na que estou metido. Neste contexto é cando mellor se entende a proposta do "tempo desinteresado" como forma de resistencia. Hoxe teño gañas de irme a vivir a unha cabana, de retomar o placer da comida de longa sobremesa, de reaprender a ler amodo e de dedicarlle máis tempo ao amor e menos tempo a ese traballo que agresivamente se infiltra no meu espazo doméstico.
Etiquetas: Eremita en Madrid
14.3.10
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Había moito tempo que non pasaba un día sen facer nada relacionado co traballo. Tantos, tantos, tantos días que xa non me lembro de cando foi o último día que me tomei realmente libre/ceibe. Sempre hai algo que ver, ler, escoitar ou explicar. E así un día tras outro.
Hoxe sentín verdadeira ansiedade por non estar lendo o que "tiña" que ler e por non estar vendo o que "tiña" que ver. Tiña un auténtico mono de traballo. E iso non pode ser. O traballo non pode gobernar os meus afectos. Cada semana ten que ter un día dionisiaco coma hoxe. A cousa ten que ir paseniño e máis agora que xa está a primavera chamando á porta. Sen presas.
Etiquetas: Eremita en Madrid
5.2.09
Wi-fi de balde
Xa ía sendo hora de que a Biblioteca do Reina Sofía tivese wi-fi (e de balde ademáis). Segue a ser, todavía, un mausoleo de libros moi pouco práctico para investigar nel pero, polo menos, xa se pode traballar con internet.
Etiquetas: Eremita en Madrid
21.1.09
O día despois...
O día despois de que Obama subira ao poder, el encheuse de valor e talante para comentarlle á súa responsable de bolsa (pseudoxefa) todos os excesos que estaba cometendo.
Como non podía ser doutro xeito, escoitadas as posturas do precario subordinado a xefa escudouse na súa falta de interese para invitalo a saír.
E o precario así o fixo. Saíu pola porta sabendo que non ía volver a entrar (poucos cartos tiña que gañar, poucos cartos vai perder) pero cheo de dignidade (entre bágoas iso si).
¿O mundo estaba cambiando? Probablemente non, pero el si. Algo é algo.
Etiquetas: Eremita en Madrid
22.12.08
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Hoxe soñei que o "Gordo" remataba en 76. Cal foi a miña sorpresa que ao prende-la radio, xusto despois de erguerme, escoito "80.076", pero non era o primeiro senón o terceiro. Terei que afinar máis a punteria nos meus soños e a ser posible que estas premonicións me veñan cun mes de antelación e non a noite antes do sorteo.
Deixo colgado na parte inferior desta anotación un vídeo de Lionel Neykov autor de "Freeze My Senses", canción que "disque" foi descuberta polos publicitarios da Lotaría no Youtube. ¿Como pode saír dese "pinpín" esa preciosa voz negra tan de anos 50? Beautiful song!
Deixo colgado na parte inferior desta anotación un vídeo de Lionel Neykov autor de "Freeze My Senses", canción que "disque" foi descuberta polos publicitarios da Lotaría no Youtube. ¿Como pode saír dese "pinpín" esa preciosa voz negra tan de anos 50? Beautiful song!
Etiquetas: Eremita en Madrid
21.12.08
Un día de furia (ESTAFA DE TELE2)
Todo pintaba ben. Era un simple traslado de liña de Xetafe a Madrid. Pero a cousa comezouse a complicar: "Tele 2 no hace traslado pero le doy de alta una nueva línea dándole de baja la anterior, además así Don Pepepaco se puede beneficiar de la oferta de alta de este mes..." Fenomenal, a oferta facía que me aforrara uns cartiños. Pero diso nada, monada.
Tele 2 cobroume o mes normal en Madrid + o mes normal en Xetafe + o mes con desconto do traslado + a alta de cuota de traslado de liña (disto hai que descontar o 50%). Total con I.V.A.: 164.21 (ou sexa UNHA ESTAFA).
Non debían estar o bastante ledos con ese mes, que ao seguinte cobráronme a liña de Xetafe e a liña de Madrid (O PAGO DE DÚAS LIÑAS!!). Total: 92,57. Cando en realidade esta mensualidade me tiña que saír gratis (segundo a oferta que pactáramos).
Por suposto os (in)operdores non teñen nin idea do que sucede e fóron dándome largas ou pedíndome disculpas. Todos coincidían nunha cousa: é imposible que me devolvan os cartos. Unha incluso me dixo "Don Pepepaco aquí debió suceder un marrón muy gordo..."
A historia continúa porque todavía estou intentando darme de baixa e non sei moi ben como reamatara a cousa.
O carallo é que levo nunha espiral de chamadas e burocracia case un mes. Dan gañas de chantarse na se de Tele 2 e desexarlles un Nadal tan bo como o mes que me están facendo pasar. E o que queda...
Etiquetas: Eremita en Madrid
15.12.08
Museo Lázaro Galdiano
Cuns compañeiros de estudos fixen unha visita dominical (de balde) ao Museo Lázaro Galdiano. Ademáis dos seus greatest hits resulta museolóxicamente moi interesante a idea de dar acceso ao visitante a parte dos "restos de colección". Dando visibilidade a uns produtos culturais que doutro xeito serían inútiles tesouros acumulados.
Etiquetas: Eremita en Madrid, Isaac Marcel
2.12.08
Vindeira estación...
|1.12.08
Estante de Tirso (Fragmento)
|30.11.08
Viriato no 63
|17.11.08
Paseo dominical (tra-la pista de Degas)
|31.10.08
Pepepaco ou un eremita en Madrid
De novo tecleo dende o meu vello ordenador recén amañado pero agonizante ao que nada máis que lle dan un mes máis de vida (habería que cambiarlle o disco duro). Mentras encenda e funcione escriberei con el ata que escache e logo xa se verá ¿Pc ou Mac?
Etiquetas: Eremita en Madrid
23.10.08
Pepapaco ou un eremita en Tirso de Molina
Tras case cinco anos de fiel servizo o meu pc portátil entrou en coma vexetivo, agardemos que se recupere por menos de sesenta euros e disfrute dunha tranquila e sosegada vellez procesando textos.
Etiquetas: Eremita en Madrid
10.9.08
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Non sei o porqué pero as treboadas paralízanme. Non é que me dean medo, non. O que pasa é que, polo xeral, con lóstregos ou sen eles, os días de treboada son días tristes nos que a miña tendencia natural á depresión increméntase exponencialmente.
Non me poido nin concentrar nin moito menos estudar. A verdade é que estas semanas isto último importame bastante pouco. Creo que este ano aprendín unha cousa bastante importante, non sen tempo, que os estudos, ou o traballo no seu defecto, non é o primeiro. Antes "hai que atender á vida", que diría a miña avoa.
Non me poido nin concentrar nin moito menos estudar. A verdade é que estas semanas isto último importame bastante pouco. Creo que este ano aprendín unha cousa bastante importante, non sen tempo, que os estudos, ou o traballo no seu defecto, non é o primeiro. Antes "hai que atender á vida", que diría a miña avoa.
Etiquetas: Eremita en Madrid
22.8.08
Pepepaco ou un eremita que pseodotraballa veraniegamente en Madrid
Agora que estou rematando o meu pseudotraballo de verán versión 2.0 estiven calculando o meu rendimento. Tirando polo baixo a empresa gañou cun día de traballo todo o que me pagou nestes dous meses. ¡Iso si que é plusvalía! Contra estas inxustizas Grouchomarxistas do mundo ¡Unídevos!
Etiquetas: Eremita en Madrid
20.8.08
Pepaco ou un eremita en Madrid
Tirso de Molina é unha das fronteiras onde o "Lavapiés way of life" se dilúe na "upper middle class" progre e ben acomodada. O nexo de unión entre ambos mundos é o Lidl que está xusto debaixo de onde agora mesmo ocupo legalmente e con consetimento da titular do aluguer. A este supermercado asisten case todas as clases de case todas as razas. Dende chineses maioristas ata senegales de top-manta pasando por algún bolseiro da plurinazón e algún turista pseudo-hippy. Todos eles unidos no ritual de consumir produtos.
Etiquetas: Eremita en Madrid
