28.7.08
Manifesto por unha lingua global
Periféricos tivo acceso en exclusiva a un documento de interese excepcional (a tradución do chinés é propia).
"O chinés é a lingua que máis persoas do planeta comparten. O seu descoñecemento fomenta a fractura comunicativa entre terrícolas e supón un grave prexuizo para a industria turística ante o potencial mercado no que nos próximos anos se convertirá a China comunista/capitalista. Por iso, atendendo ás necesidades dos individuos e non á falacia dos territorios ECHE (Escritores en chinés de España) reinvidica o dereito lexítimo que toda persoa ten a expresarse en todos os eidos e en todos os lugares na lingua máis común do mundo.

Asina:
Jin Zedong-Castinheiras
Presidente de honra de ECHE"
Jin Zedong-Castinheiras
Presidente de honra de ECHE"
Podes subscribir o manifesto nesta bitácora.
Etiquetas: Posibilidades, Uxío Marsuco
Comments:
Publicar un comentario