9.1.09
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
A neve incrementa a sensación de soedade dos venres pola mañán. O campus está blanco e case baleiro. Soamente hai unhas poucas persoas que camiñan buscando refuxio e que rapidamente desaparecen como sombras fugaces. Nada queda da ledicia nevada da infancia.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
18.12.08
Impresionismo ideolóxico
Non hai xente polos corredores. Todo o mundo está na súa clase ou tecleando o ordenador no seu despacho. Nalgún cartel, perfectamente colocado no taboleiro de anuncios, pódese ler "No a la venta de la Universidad", pero ninguén berra.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
11.12.08
Brut-impresionismo
Mentras me tomaba unha "pulga" de salchichón (a 85 céntimos a peza) podía escoitar a voz grave de Iñaki Gabilondo que estaba na cafetería tomándose un café e falando con dúas profesoras.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
13.7.08
Pesadelos
Levo cinco noites con pesadelos diferentes, persoais e intransferibles. En todos eles hai un gran problema que nace da realidade e que no soño exacérbase ata o extremo. Xusto despois esperto e líbrome do problema. Unha mágoa que os problemas do mundo non onírico non deixen de existir aínda que nos espertemos, aínda que nos quedemos durmidos.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
24.6.08
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
|5.6.08
Nesto ando...
Quentando motores. Retorno ao pasado: Sentencias, leis e constitución. En cinco días...

Mail
|

Etiquetas: Eremita en Xetafe
3.6.08
Nesto ando...
|22.5.08
Die stille vor der Metro (anotación en progresión)
Quedaban seis minutos para que chegara o próximo tren e era estraño sentir o baleiro desa gran estación de MetroSur. Soamente as escaleiras eléctricas se movían, todo estaba en silencio pero o silencio lonxe de producir quietude producía inquedanza.
Entro no vagón baleiro percorrendo estacións desertas sen fin, decido ir pasando de vagón a vagón, aproximandome á máquina para comprobar se alguén ou algo acciona os mandos do tren.
E a historia continúa como ti queiras.
Polo de agora participaron: Periféricos, O muiñeiro do tempo
E a historia continúa como ti queiras.
Polo de agora participaron: Periféricos, O muiñeiro do tempo
Etiquetas: Eremita en Xetafe
20.5.08
O fracaso do humorista
Contara esa anécdota entre os meus colegas unha e mil veces e sempre acadaba arrincar un sorriso así que a tiña máis que preparada para soltala ante os meus compañeiros de crase pero cando chegou ese momento ninguén se riu.
Eu estaba nese pequeno estrado que ten a crase soltando a anécdota infalible e o único que conseguín foi a indeferencia dos meus compañeiros e algún boquexo. Sentínme como un humorista fracasado, como alguén que experimentou a sastifacción de facer rir pero que de súpeto perdou ese don.
¡Menos mal que os profesores non me avaliaban por gracioso!
Etiquetas: Eremita en Xetafe
18.5.08
Pepaco ou eremita na rúa Madrid
Quilométrica procesión aconfesional (como a Constitución do 78) pola rúa Madrid. Neste penúltimo día de festas a rúa encheuse de caramelos, traxes rexionais, bandas municipais, música de chimpún chimpún latina e moito chiki ckiki. Unha mixtura entre a cabalgata dos Reis Magos, o Antroido de Brasil e a exhibición de traxes e costumes rexonais de tempos pasados. Por suposto, os altofalantes das furgonetas que tiraban das carrozas de veciños e empresas soaban a tope (cada unha a máis volume) para que a música se escoitara tamén en Leganés (hipérbole para facer referencia ao pobo/cidade rival). E dende as 0:00 Carlinhos Brown anda te-te-te-te-te-te-te-te por estos lartes pero eu esto moi canso para andar esta noite teteando a ritmo de percusión brasileira.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
13.5.08
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
Cando un lle dedica bastante tempo de estudo a algo ou alguén esa materia ou esa persoa pasa a formar parte da súa propia vida. A min isto pasoume con Robert Rauschenberg.
Acabo de escoitar en Radio 5 de que acaba de falecer. Foise o artista, un gran artista, quédannos as súas obras.
Acabo de escoitar en Radio 5 de que acaba de falecer. Foise o artista, un gran artista, quédannos as súas obras.
Etiquetas: Eremita en Xetafe, RR
7.5.08
Die stille vor der Metro
Quedaban seis minutos para que chegara o próximo tren e era estraño sentir o baleiro desa gran estación de MetroSur. Soamente as escaleiras eléctricas se movían, todo estaba en silencio pero o silencio lonxe de producir quietude producía inquedanza.
E esta historia continúa como ti queiras.
E esta historia continúa como ti queiras.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
23.4.08
Pepepaco ou un eremita en Xetafe (conto amoral polo 4º Aniversario de Periféricos)
Visito de rutina á sanidade madrileña. Por certo, os médicos de atención primaria están en folga por estes lares e o masificado e emplanfetado centro médico de Las Margaritas non é unha excepción.
As súas paredes interiores están cheas de folios tamaño A3 con proclamas impresas como "No a la masificación" "No a la escasez de médicos" "Por una asitencia humana y de calidad" "Güemes embustero no queremos tu dinero".
O meu médico está ao carón dos pediatras e eu agardei xunto aos "ananos" que non paraban de ir e vir. De tanto velos ata me comezaron a doer a min as "amigdalas" para rememorar tempos mozos.
Ser eran tremendos. Un pequecho escapouse da súa nai e entrou en plan bolxevique nas consultas, a outro deulle tempo a recorrer todo o ambulatorio sen que a súa nai se dera nin conta e unha meniña loira con cara de anxo andaba cruelmente a facerlle trasnadas ao seu avó que ía trotando detrás dela arrastando con fatiga o seu barrigón.
Antes de chamarme, o médico achegouse á neniña e preguntoulle que cantos anos tiña. Ela con cara de pícara contestou que catro, os mesmos que hoxe cumpre PERIFÉRICOS, outro neno traveso con cara de bo :)

Etiquetas: Bloguería, Eremita en Xetafe
18.4.08
A segunda orla (Reflexión da xeración bolseira)
Onte fixen as fotos para a miña segunda orla. Ademáis de saír moito máis feo que na primeira facer este ritual tivo algo de deprimente: o anuncio dun segundo título universitario con notables calificacións que para a vida de empresa probablemente me sirva menos que un ciclo superior de FP.
Hoxe comentábao o propietario dunha empresa de postproducción dixital sonora. Cada vez os curriculums dos aspirantes a traballar veñen máis cargados de títulos pero con menos experiencia laboral e a el non lle intersaban os títulos senón a experiencia.
Xunto con isto (que pode ser verdade) está o fenómeno das prácticas, os famosos "bolseiros" que traballan a un prezo menor cun inmigrante ilegal. Para moitos recén licenciados ir acumulando estes pseudotraballos é a única forma de conseguir incorporarse no mercado laboral. Disto deriva unha lóxica perversa: as empresas "contratan" bolseiros porque traballan case de balde, moitos bolseiros son substituídos por outros bolseiros, con esta man de obra barata os salarios baixan e conseguir ser un profesional (soldo máis ou menos digno) é cada vez máis difícil.
Acumular títulos, acumular bolsas. Fálase moito dos mileuristas pero o certo é que moitos xoves pensan ¡Carallo, mil euros! ¡Quen os gañara!

17.4.08
E outra derrota para festexar
A primeira trompetiña fíxome graza pero o carácter mudoume ás tres horas de soportar eses crispantes sonidos (o equivalente compostelán serían as minigaitas para fillos de turistas). Pero "boeno" era un dano colateral da final da Copa do Rei.
Desta vez xa tocaba pero non foi así. Dez primeiros minutos fatídicos, para esquecer, e un partido pouco intenso. Ao final o Valencia gañou 3-1 ao Xetafe. Unha nova derrota que deixou ao equipo do Madrid Sur sen celebración sobre o alicatado da Cibelina. Aínda así algunha xente animouse a ir á fonte a celebralo.
A "marea azul" todavía mantén a ilusión do modesto que fai que os seus siareiros festexen as derrotas.
A "marea azul" todavía mantén a ilusión do modesto que fai que os seus siareiros festexen as derrotas.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
14.4.08
Apply for a job
Inscríbome no Servicio de Orientación y Planificación Profesional que ten a Universidade (espero que funcione mellor que o Consello Social da USC ). Moitas veces cando teño moitas cousas que facer, cando se abren tantas posibilidades, prodúcese en min un curtocircuito paralizante que non me deixa facer nada, nin tan sequera pensar. Nestes momentos non veñen mal uns consellos ben dados. Así que, agardo cita para entrevista personalizada na que se estude o meu perfil laboral nesta época de crise.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
11.4.08
Pepepaco ou un eremita nun sitio normal
Probablemente este sexa o último ano que viva en Xetafe. Non levo moito tempo aquí (ano e medio máis ou menos) pero xa me sinto un pouco xetafeño. A cidade (unha aldea grande) é moi agradable, está chea de vellos con chandal e de parellas novas multiculturais con fillos pequenos. Todos eles quedan a pasear pola rúa onde eu vivo, a Calle Madrid.
Cando sae unha raioliña de sol, sobre todo nas mañáns dos domingos, a rúa (moita dela peonal) énchese de xente. Como pasaba antigamente coas prazas maiores os que viven nesta cidade andan pola Calle Madrid (cara o Concello ou cara a Universidade) para verse e deixarse ver.
Nesta rúa é tamén onde quedan os xetafenses xunto á Cibelina, monumento involutariamente kitsch, para celebrar as victorias deportivas ou as derrotas épicas como a desta noite.
A cousa comezou mal, un expulsado no principio do partido, demasiado para un Bayern que é moito Bayern. Sen embargo... ¡Goooooooooooolllllll! Sorpréndome a min mesmo enriba do sofá berrando por un partido de fútbol como había anos que non berraba. Eu tan intelectual e analítico (calificacións autoparódicas) ¡Menos mal que estaba so na casa!
"¡Que pase o tempo! ¡Que pase o tempo e que chegue o minuto noventa! ¡Xa está feito! ¡Xa está feito!" Non foi así, o equipo alemán marcou xusto antes de que rematase o partido. Non había nada que facer. O Geta con dez, fundido fisicamente tras un incrible partido e toda unha prórroga por diante. E cando ninguén daba un euro por eles marcan un segundo gol e logo un terceiro. 3-1. ¡Menudo espectáculo! Aínda que había algo que cheiraba a derrota épica 3-1 era un colchón suficiente para estar tranquilo.
Pero como dixo Arsenio cando perdeu a liga co Depor: "La liga derrepente te la quitan de los fuciños". Nos dous minutos finais chegaron os goles alemáns que sentenciaron o partido. Outra vez, non podía ser. Eche a sorte do pobre.
Camacho, mentras comentaba o encontro, dixo de Xetafe que era un barrio madrileño. Non é así, Xetafe é unha cidade industrial, outra cousa é que un se sinta nela coma nun barrio. Un dos epicentros dese Madrid Sur ao que tan pouco mira Esperanza Aguirre dende o seu marquesado da Comunidade. Un sitio normal.

6.2.08
Anotación número 1000
Cafeína da barata, lambetadas, iogures, froita e chocolate (do legal). Antroido sen antroidadas: Noites ata as catro, exames ás nove, flexo prendido durante todo o día.
Esta é a anotación número 1000 e a historia (persoal e transferible) desta bitácora continúa...
Etiquetas: Bloguería, Eremita en Xetafe
4.2.08
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
O catalán, o seu uso e a súa utilidade. Tres exemplos dende Xetafe.
1.- É frecuente que os compañeiros e algún profesor catalán falen entre eles nesta lingua (non durante as clases, por suposto).
2.- Onde ela traballa (nun macrocentro de teleoperadoras) hai unha liña de atención ao cliente en catalán.
3.- Nunha reunión alumnos-empresas o representante dun dos máis importantes conglomerados empresariais do mundo da comunicación en español falounos do valor engadido que supuña para o noso curriculum saber catalán.

¿E o galego? “Voga, voga mariñeiro, imos pra Viveiro, xa se ve San Roque...”
Etiquetas: Eremita en Xetafe
24.1.08
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
Último día de clase nalgunha asignatura. Non estivo mal a idea que tivo un profesor de confrontar a súa labor de docente e a dinámica que levou a clase durante este cuatrimestre cos alumnos. Tra-la típica confesión dalgún converso “A mi esta clase me ha servido para conocer cosas de las que yo no tenía ni idea...” sempre xorden temas interesantes no debate. Ademáis como este é o segundo ano que a teño (o pasado curso non me puiden presentar) podo dar fe de que toma boa nota. Neste caso, no que o profesor amosa un interés real por saber o que pensan os alumnos sempre é mellor o cara a cara que contestar ás preguntas da autoevaluación, a maioría absurdamente formuladas.
Etiquetas: Eremita en Xetafe