<$BlogRSDURL$>

23.4.08

Pepepaco ou un eremita en Xetafe (conto amoral polo 4º Aniversario de Periféricos) 

Visito de rutina á sanidade madrileña. Por certo, os médicos de atención primaria están en folga por estes lares e o masificado e emplanfetado centro médico de Las Margaritas non é unha excepción.

As súas paredes interiores están cheas de folios tamaño A3 con proclamas impresas como "No a la masificación" "No a la escasez de médicos" "Por una asitencia humana y de calidad" "Güemes embustero no queremos tu dinero".

O meu médico está ao carón dos pediatras e eu agardei xunto aos "ananos" que non paraban de ir e vir. De tanto velos ata me comezaron a doer a min as "amigdalas" para rememorar tempos mozos.

Ser eran tremendos. Un pequecho escapouse da súa nai e entrou en plan bolxevique nas consultas, a outro deulle tempo a recorrer todo o ambulatorio sen que a súa nai se dera nin conta e unha meniña loira con cara de anxo andaba cruelmente a facerlle trasnadas ao seu avó que ía trotando detrás dela arrastando con fatiga o seu barrigón.

Antes de chamarme, o médico achegouse á neniña e preguntoulle que cantos anos tiña. Ela con cara de pícara contestou que catro, os mesmos que hoxe cumpre PERIFÉRICOS, outro neno traveso con cara de bo :)

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License