<$BlogRSDURL$>

27.10.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 


Cuestión de alquimia

Unha cuidada producción, referencias a creadores tan solventes como Michael Ende, Miyazaki, Jean-Pierre Jeunet, Marc Caro e Tim Burton e unha idea de partida excepcional da que podería saír unha película fascinantemente onírica non garantizan un bo produto cinematográfico e iso que Nocturna probablemente sexa o mellor que saíu da factoría de animación Filmax Animation. O problema non é a economía (aínda que está claro que non se manexan os presupostos da industria hollywoodiense), nin tan sequera a factura fílmica (Nocturna conta cuns gráficos moi coidados) a cuestión e moito máis simple, o que non funciona é o desenvolvemento da historia. No filme dirixido por Adrià García e Víctor Maldonado o que falla é o guión. Nocturna é unha película ben realizada pero bastante aburrida. Así que Julio Fernández (o propietario de Filmax) terá que seguir buscando para a súa sección de animación non a grandes artistas que realicen as súas películas (sen dúbida conta con creadores moi solventes) senón a alquimistas que saiban transformar o chumbo en ouro, que saiban metarmofosear as ideas previas nun bo guión de cine.



Mail

Etiquetas: ,


|

20.10.07

Pensar de cine a través doutros (Extractos das lecturas de Pedro A. Rodríguez) 


Nocturna supone un paso más en la progresión de la animación española hacia modelos solventes en cuanto a la calidad de producción y sugerentes en cuanto a la vitalidad de historias que vuelcan a imágenes.

FERNÁNDEZ, M.A.: "Marcando la diferencia" en La Voz de Galicia, 12/XI/2007, p.59.

Mail

Etiquetas: ,


|

17.10.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe que pseudotraballou en Pozuelo 

Gala de inicio de ANIMADRID 07' (II)

Na postgala deste ano proxectouse Nocturna longametraxe que abría o festival. Por suposto, á proxeccion antecédelle toda unha serie de intervencións que neste caso foron catro: o produtor Julio Fernández, os directores do filme Víctor Maldonado e Adriá García e a estrela invitada Natalia.

Natalia é a “Triunfita” de OT dirixida ao público infantil e tardoinfantil ainda que “parece ser” (escribo de leídas) que no seu último traballo musical intentou quitarse ese sambenito. Dela falábase como a Britney Spears española cando a americana aínda non era unha diva do white trash. No filme de Nocturna dobra á estreliña polar (quero escoitar un “Oh!!!!!” moi tenro dos lectores de PERIFÉRICOS). A peli tamén conta con outras voces de famosos como a de Carlos Sobera e Inmanol Arias pero ningún dos dous fixo esa noite acto de presencia.

Mail

Etiquetas: ,


|

16.10.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe que pseudotraballou en Pozuelo 

Gala de inicio de ANIMADRID 07' (I)

A Isaac Marcel lle corresponden os pareceres artísticos e a min a crónica social que o "marujeo" tamén ten o seu interese.

Alex O´Dogherty presentaba por terceiro ano consecutivo a gala de inaguración de ANIMADRID 07´. Desta volta estaba acompañado pola súa banda "La banda de la María". Unha charanga que incita á risa, invita ao cachondeo e que pon o contrapunto musical cómico as verbas do pluriman O'Dogherty.


As ironías deste sobre a importancia que teñen nos festivais as institucións e os seus representantes, a interactuación musical co público ao que regalou un montón de cazús para que con este instrumento acompañasen á súa banda e o rap final construído e interpretado con pericia quedan entre o mellor desta edición de ANIMADRID.

Fotografía de Javier Gil
Mail

Etiquetas: ,


|

13.10.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

ANIMADRID 07': Flashes e subxectividades (II)

Ein Sonniger Tag de Gil Alkaetz, que narra a vida cotiá dun divertido sol de verán, levou o premio á mellor curtametraxe infantil. Unha obra sinxela e amable que conseguíu arrincar as risas de pequechos e maiores (por iso tamén lle deron por votación popular o premio do público).

Nas súas antípodas poderiamos situar a Violeta, la pescadora del Mar Negro (dirixida por Marc Riba e Anna Solanas). Este traballo racha co tópico de que a animación é un xénero para nenos protagonizado por nenos. Nada que ver con Violeta, unha cruenta e precoz psicokiller.
A obra, moi influenciada pola estética centroeuropea, deliberadamente desagradable e gratuitamente violenta, quédase, a pesar destas premisas, en bastante pouco.

O resto do palmarés está colgado na web de ANIMADRID 07'

Imaxe de Violeta... "despegada" desta páxina
Mail


Etiquetas: ,


|

10.10.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

ANIMADRID 07': Flashes e subxectividades (I)
Franz Kafka Inaka Isha do xaponés Koji Yamamura unha curtametraxe encosertadamente filosófica, pretenciosa, tecnicamente moi boa pero morosa e plúmbea (nesta percepción imaxino que influíu o horario de proxección en que a vin e o canso que estaba) foi o primeiro premio de curtametraxes de ANIMADRID 07 .

O segundo premio foi Le Printemps de Sant Ponç realizada por Eugenia Mumenthaler e David Epiney. Vinte minutos de filmación e animación no que se disocia imaxe e son. Visualmente as animacións naif que toman como punto de partida os debuxos que fixeron un grupo de disminuidos psíquicos nun obradoiro de debuxo contrastan coas súas conversas en off. Reflexións e vivencias cruentas que en ocasións conseguen arrincar dramáticos sorrisos.

O terceiro premio da competición internacional de curtametraxes foi para Nijuman no borei (na imaxe) co inconfundible estilo Périot (podedes ver outros dos seus traballos aquí). ¿Animación? ¿Documental? ¿Reportaxe? ¿Videoarte? ¿Cinema experimental? Unha sucesión de imaxes xustapostas que forman diferentes capas nas que, en case todas, a cúpula de Hiroshima é o foco central da pantalla. Unha obra interesantemente inclasificable.

Imaxe de Nijuman no borei sacada desta web.

Mail

Etiquetas: ,


|

21.9.07

Novas, novas... 

Xa está case todo a punto para que arrinque ANIMADRID 07 ou o VIII Festival Internacional de Imagen Animada (aí queda o nome) que se celebrará do 28 de setembro ao 5 de outubro no concello de Pozuelo de Alarcón (as súas sedes son estas). Este ano o festival homenaxeará ao director-produtor británico Peter Lord (¡Case nada!) e ao artista vasco José Antonio Sistiaga. Se queredes consultar o catálogo podédelo facer gratuítamente aquí. Tamén podedes ver, nese caixón desastre audiovisual que é o Youtube, o spot promocional.

Mail

Etiquetas: ,


|

12.9.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe que seudotraballa en Madrid 

Canto traballiño hai aquí!!!. Nisto pasei o meu verán xetafense-madrileño: wordeando, catalogando, interneteando.

Mail

Etiquetas: ,


|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License