12.7.08
"¡¡¡Dami argo!!!"
Está claro que unha vez que se comezou a Cidade da Cultura tense que rematar (non parece viable a poética opción de deixala como unha ruina, como un monumento á mala xestión). Incluso ben xestionada fóra das tribos pode ser un enorme laboratorio de creación cultural con repercusión internacional (non parece, sen embargo, que as cousas vaian por aí). Tamén está ben que as grandes riquezas galegas tomen partido e participen economicamente na vida cultural, social e científica do país. E aí están como "última esperanza" de Touriño para manter economicamente os servizos dunha macro-obra á que unha administración autonómica non pode facer fronte. Os grandes/grandes estrategas da Xunta de Galicia queren que sexan os empresarios os que nestes tempos de crise (eufemisticamente chamada desaceleración) lles solucionen tan tremendo marrón.
Unha información máis concreta neste artigo de La Voz de Galicia
Etiquetas: Cidade da Cultura, Isaac Marcel
Comments:
Publicar un comentario