5.5.08
Metraxes atopadas: A reutilización nunha sociedade saturada de imaxes
O consumismo voraz que fai avanzar a economía capitalista leva ao reemplazo, non ao mantemento. As cidades satúranse así de residuos cos que o artista pode traballar, o propio Rauschenberg explicaba do seguinte xeito a súa práctica artística:
“Realmente yo tenía una especie de norma personal. Si daba toda la vuelta a la manzana y no encontraba lo bastante como para trabajar, iba a la siguiente manzana y le daba otra vuelta en cualquier otra dirección… pero ya está. Las obras tenían que parecer tan interesantes como cualquier cosa que sucedía fuera de la ventana.”[1]
Lev Manovich opina que xunto con Rauschenberg, James Rosenquist e Bruce Conner tamén abandonarían a idea de crear imaxes totalmente novas. As súas obras funcionarían así: “como laboratorios de investigación donde yuxtaponen imágenes ya existentes para analizarlas"[2]. Esta idea tan relacionada coa duchampiana de objet trouvé na que a reciclaxe se usa para aportar novos significados é a que Bruce Conner traslada ao mundo do audiovisual no seu filme A movie[3].
A movie é un film trouvé que se basa en imaxes reutilizadas que proceden da ficción de serie B, as películas educativas, a publicidade ou os filmes eróticos. Conner reordena todo este material e compón unha obra nova. En realidade o que constrúe é un collage, un assemblage fílmico no que o interese non recae na filmación de imaxes (posto que estas xa están filmadas) senón no labor de montaxe.
[1] HUGHES, R (2000) El impacto de lo nuevo. El arte en el siglo XX, , Galaxia Gutenberg, Barcelona, p.334.
[2]http://www.uoc.edu/artnodes/esp/art/manovich1002/manovich1002.html
[3] Non é o primeiro que fai isto.
Etiquetas: Isaac Marcel, Posmodernidade e cinema