6.5.08
Metraxes atopadas: A reutilización nunha sociedade saturada de imaxes (continuación do día anterior)
Esta práctica conocida como found footage terá un gran desenvolvemento posteriormente cando aparezan os soportes videográficos. Relacionado con isto está o concepto de Manovich de metamedia. Este autor sinala que os anos sesenta supoñen o inicio desta nova etapa:
“La para entonces tremenda acumulación de producciones de múltiples media, junto con el cambio de una sociedad industrial centrada en la producción de bienes a una sociedad de la información centrada en el procesamiento de datos (cambio que se hizo evidente al principio de la década de los setenta), cambia las reglas del juego. Cobra más importancia encontrar maneras efectivas y eficientes de tratar el volumen de material acumulado, que producir más material o hacerlo de formas distintas”
Entramos polo tanto nunha especie de época helenística de enciclopedismo audiovisual na que a análise do existente desplaza á creación do novo (a frase é miña pero debo admitir que non me quedou nada mal :)). Non é de extranar que esta práctica do found footage esteña vencellada tamén coa posmodernidade e teña gran protagonismo dende a década dos oitenta:
“Tal como se puso de relieve a principios de los años ochenta, la cultura ya no intenta innovar. El reciclaje sin fin y la cita de contenidos de los media, estilos y formas artísticas del pasado, se convierten más bien en el nuevo estilo internacional de la sociedad saturada por los media. En pocas palabras, la cultura se ocupa ahora de reelaborar, recombinar y analizar el material ya acumulado en múltiples media”.
Probablemente esta práctica de “metraxe atopada” sexa agora mesmo unha das dominantes no eido do audiovisual artístico. É evidente que a gran cantidade de arquivos fílmicos e televisivos, a importancia que estas imaxes tiveron na configuración do noso imaxinario cultural e o avance da dixitalización e dos programas informáticos que “democratizaron” a técnica da montaxe favoreceron o desenvolvemento desta práctica que hoxe en día está case ao alcance de calquera persoa.
Etiquetas: Isaac Marcel, Posmodernidade e cinema