21.4.08
Vertical Features Remake (Greenaway, 1978): Un exercicio paródico (2/2)
C- Como práctica artística do noso tempo o cinema ten morto mil veces e mil veces ten resucitado.
D.- A posmodernidade cuestionou todo tipo de relatos, desconfiando do autor (¿Quen é? ¿Dende que perspectiva xenérica/moral/xeográfica cóntanos a historia?) e dos relatos que concibimos como "verdades" (os documentais, por exemplo).
D1.- A voz del locutor, a utilización de todo tipo de imaxes e a mención dunha gran cantidade de datos reforzan a idea de verosimilitude.
D2.- Para evidenciar o inestable que pode ser o concepto de veracidade aplicado ao xénero documental Vertical Features Remake artéllase ao redor dunha biografía dun personaxe inventado (Tulse Luper) que sería obxecto de estudo de inexistentes institucións como o Institute of Reclamation and Restoration (IRR).
D2a.- Partindo disto Greenaway crea unha enmarañada estrutura. Un enrellado cheo de subniveis no que se chega a cuestionar a posible falsedade dun protagonista que nunca existiu.
D2b.- Partindo disto Greenaway crea unha enmarañada estrutura. Un enrellado cheo de subniveis no que se chega a cuestionar en repetidas ocasións a inexactitude dunha obra fílmica que nunca existiu.
E1- O resultado é polo tanto unha parodia dos structural films.
E2.- O resultado é polo tanto unha parodia dos documentais.
E4.- O resultado é polo tanto unha parodia das baleiras disputas academicistas.
E3.- O resultado é polo tanto unha autoparodia: A vinganza do montador de documentais e a sátira dun excineasta estructural que se autocita en obras que supuostamente tería realizado Tulse Luper.
F.- parodia s.f. Imitación feita con ánimo de ridiculizar unha obra, un xénero literario serio, o estilo dun escritor ou a calquera persoa ou cousa. Aquilo, máis que eleccións, foi unha parodia. CF. caricatura, simulacro.O “Quixote” é unha parodia dos libros de cabaleiros heroicos.
Etiquetas: Isaac Marcel, Posmodernidade e cinema