<$BlogRSDURL$>

20.4.08

Vertical Features Remake (Greenaway, 1978): Un exercicio paródico (1/2) 

A.-Unha e outra vez repítese a palabra esgotamento, Jameson escribiu que "en un mundo donde ya no es posible la innovación estilística, todo lo que queda es imitar estilos muertos." Fálase do pastiche e da parodia como xéneros característicos do cinema posmoderno, unhas formas de contar que vehicularían unha suposta crise de orixinalidade favorecida por unha industria que acude a eles e ao remake para evitar riscos.

B.- A parodia inclúe un compoñente de sátira ou burla sobre o orixinal que o pastiche non ten por que ter. Neste sentido podemos considerar Vertical Features Remake como unha parodia dun structural film. Nembargantes, a exactitude e insistencia coa que Greenaway repite as características da estética da que se burla fai que o seu Vertical Features Remake se convirta en certo modo, aínda que en principio poida resultar parodóxico, nun structural film que protesta contra si mesmo, contra a condición dominante que durante unha época tivo este “método” nos círculos cinéfilos.




B1.-Greenaway explícao do seguinte xeito:

“Vertical Features Remake is a love-hate, or more appropriately, celebration-criticism, of structural method, unthinkingly and stupidly dominant in film circles at that time. If you claimed to be a structuralist your credentials were good enough to receive film-financing. Five years before you had to be a good Marxist-Socialist Feminist and then the coffers would be open, five years later, you could get financed if you demonstrated Political Correctness and a love of California” (http://petergreenaway.org.uk/vfr.htm).

B2.-Nigel Andrews explícao do seguinte xeito:

"The fascination with academic methodicality which pervades Greenaway's work, sometimes in comic battle with its opposite - nature, spontaneity, instinct - sometimes standing alone, reaches fetishistic dimensions in Vertical Features Remake." (http://petergreenaway.org.uk/vfr.htm)



Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License