<$BlogRSDURL$>

4.4.08

Proxectos baleiros que hai que encher 

Non paran de dicirnos que a literatura infantil e xuvenil galega goza de moi boa saúde, que é "un sector fundamental para as nosas editoras", que "supón na actualidade un dos piares do mundo editorial tanto en Galicia como no estado", que "editoras coma Kalandraka e Oqo están a conseguir facerse referentes internacionais neses ámbitos", que a Bugallo (Ánxela) fixo acto de presenza na Feira do libro infantil e xuvenil de Boloña...

Apoiándose nisto, aparece o proxecto dunha megabiblioteca infantil e xuvenil que formará parte da Biblioteca Nacional de Galicia dentro dese despropósito sen xeito ningún que é a Cidade da Cultura. ¿Para quen se crea esta biblioteca? ¿Pensan nos rapaces ou pensan nas editoriais?

Os nen@s e a rapazada segue a ler, len moito, máis do que pensamos, pero a través de internet. Agora mesmo estou nunha biblioteca pública escribindo isto, a sá de lectura está baleira e a de computadores está chea (máis que houbera). A Xunta xa pensou nisto é para fomentar a lectura entre os pequechos e a "muchachada" creará unha potente ferramenta virtual "que permita o acceso aos seus fondos desde calquera lugar do mundo. Investigadores e especialistas na materia non terán necesidade de desprazarse a Santiago de Compostela para dispor da información xerada neste Centro." Curiosa forma de fomento da lectura xuvenil, máis dirixida a investigadores que aos propios rapaces, por certo, vemos que ao turismo tampouco o vai favorecer porque a estes especialistas non lles fará falla nin visitar Santiago.

Podémoslle botar a maquillaxe que queiramos ("terá como principal obxectivo o estudo, a difusión e a promoción de libros para nenas e nenos e xoves procedentes das linguas e culturas minoritarias do mundo". "Será o segundo centro internacional que o IBBY pon en funcionamento no mundo, despois do fundado en 1985 en Oslo, dedicado a libros para nenas e nenos e xoves con discapacidades" ) pero Compostela non parece ser o lugar ideal para levar a cabo esta idea: Unha cidade cunha dimensión media (tirando a pequena) que anda polos 100.000 habitantes, que conta xa cunha completa rede de bibliotecas (como a "recén inaugurada" biblioteca pública de Xoán XXIII proxectada para conter 60000 volumes) e que é a capital dun país envellecido cunha taxa de natalidade que chegou a estar entre as máis baixas do mundo.

Como sucede en moitos dos proxectos culturais feitos en España o contexto pouco importa. A prioridade e encher as moles baleiras, case feitas antes de ser pensadas (o mesmo pasou cos incios do Centro Galego de Arte Contemporánea) que se custou moito facelas máis vai a custar mantelas.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License