<$BlogRSDURL$>

13.7.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

Posmodernidade e cinema. Unha visión transferida e transferible.

Tiburón (s) -Terceira parte da triloxía precuélica-

Na actualidade as empresas cinematográficas de maior envergadura xa non son entidades autónomas senón que están dentro de grandes corporacións que non están únicamente centradas na producción de filmes. As majors deixaron de ser exclusivamente norteamericanas para nalgúns casos pasar a pertencer a multinacionais de orixe europeo ou xaponés. As distribuidoras teñen que adaptarse a un público que acode en menor medida ás sas e que opta por ver os filmes na súa casa diante da pantalla do televisor ou da computadora.

Con este panorama a única saída para acadar que as grandes produccións sexan rendibles é a de facer dese tipo de películas “un intertexto comercial dinámico” (SCHATZ, 2004, 392) que sexa “máis proceso que producto” (SCHATZ, 2004, 392) e que chegue a implicar a diferentes sectores da sociedade, incluso, na súa fase creativa. Un produto deseñado para un mercado multimedia que poida ser consumido por diferentes tipos de espectador en múltiples contextos.


Cita sobre as citas: Podedes consultar quen é Thomas Schatz nesta ligazón. A obra que citei de Hueso é esta. Para aqueles que non coñezan a este catedrático do departamento de historia da arte da Universidade de Santiago tedes información sobre el nesta web. Se estudiades en Santiago e vos gusta o cinema non dubidedes en pillar as súas asignaturas aínda que sexa de libre configuración.
Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License