<$BlogRSDURL$>

12.7.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

Posmodernidade e cinema. Unha visión transferida e transferible.

Tiburón (s) -Segunda parte da triloxía precuélica-

Quizáis como indica Schatz sexa o filme Tiburón (Steven Spielberg, 1975) a obra que obligou a replantexar as posibilidades económicas do "filme de éxito" en Hollywood, establecendo novos parámetros para a súa autopromoción e “abriendo una época de thrillers de altos costes, alta tecnología y alta velocidad” (SCHATZ, 2004, 390).

A promoción de Tiburón marcou a pauta a seguir de moitas películas posteriores. Nun contexto de ocio cada vez máis diversificado os filmes necesitan convertirse en auténticos fenómenos culturais para captar a atención do seu cliente potencial e rendabilizar os seus grandes presupostos. Para elo utilizan complexas estratexias de mercadotecnia que moitas veces fan que a comercialización de obxectos relacionados coa película sexa máis rendible que o propio produto audiovisual.

Imaxe atopada aquí

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License