<$BlogRSDURL$>

11.7.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

Posmodernidade e cinema. Unha visión transferida e transferible.

Tiburón (s) -Primeira parte da triloxía precuélica-

Unha das grandes transformacións que sofriron as artes do noso tempo é a súa penetración “de manera radical en los esquemas de la producción industrial, convirtiéndose en un bien de consumo propio de la sociedad de finales del siglo XX” (HUESO, 1998, 216). Parafraseando a Benjamin, na época posmoderna as películas non deixaron de ser obras de arte na era da reproductibilidade técnica, pero o contexto económico e tecnolóxico é ben diferente ao intre no que escribía ese importante artículo o autor vencellado á coñecida como Escola de Frankfurt.

Ao definir o posmodernismo como “la lógica cultural del capitalismo tardío” (JAMESON, 1991, 117) Jameson continuou coa idea benjaminiana de revelar as importantes conexións que existen entre a economía e a estética. Dentro desta perspectiva, a idea de intertextualidade tería que ser interpretada, como suxire Altman, en relación á extraordinaria proliferación do entretemento narrativo provocado polo desenvolvemento dunha cultura consumista e dos medios de comunicación de masas. Estes factores inclinarían “la balanza de la mezcla genérica típica (experiencia vital / experiencia textual) de forma pronunciada hacia la experiencia de textos anteriores”. (ALTMAN, 2000, 254).


Cita sobre as citas: Hoxe toca ciber ou sexa nen tempo nen cartos para poñer ligazóns nas citas. Outro día, non moi lonxano, será.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License