<$BlogRSDURL$>

9.7.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

Posmodernidade e cinema. Unha visión transferida e transferible.

As últimas películas, pero non as derradeiras (Final da primeira triloxía)

Falar de nostalxia, pastiche e parodia no cinema é falar inevitablemente de Woody Allen. O pastiche e a parodia están sobre todo nas primeiras obras de Allen, aquelas nas que a base estrutural da narración é o sketch, falo de Toma el dinero y corre (1969), Bananas (1971), El dormilón (1973) ou La última noche de Boris Guschenko (1975). Como cinema nostálxico poderiamos calificar as súas películas La rosa púrpura de El Cairo (1985), Días de Radio (1987), esa particular reinterpretación da comedia musical que é Todos dicen I love you (1996) ou incluso Manhattan (1979) na que amosa en branco e negro a Nova York que lle é contemporánea. Pero é sen dúbida nun xogo borgiano como Zelig (1983) onde a visión posmoderna aplicada ao pasado, na liña timidamente teorizada por Rosenstone (ROSENSTONE, 1997, 165), ten un dos seus máximos expoñentes.

Cita sobre as citas: Mentras teña tempo e internet gratis poñerei nas citas a ligazón á obra referida. No caso de Rosenstone a web ligada trae ademáis un comentario moi interesante.

Imaxe de Zelig atopada en http://www.quartopotere.com/
Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License