<$BlogRSDURL$>

8.7.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

Posmodernidade e cinema. Unha visión transferida e transferible.

As últimas películas, pero non as derradeiras (Secuela)


nombre



Ademáis dos citados por Stam, poderiamos incluír dentro desta liña a filmes como Tal como éramos (Sydney Pollack, 1973), El Gran Gatsby (Jack Clayton, 1974) e sobre todo La última sesión (Peter Bogdanovich, 1971) que, como puntualiza Hueso, é o “primer filme en esta corriente y olvidado por casi todos los teóricos que han hablado de ella” (HUESO, 1998, 217).

Conxuntamente coa nostalxia e as miradas retro-chic deste presente escéptico, o feito de poder conservar o pasado en imaxes, a crítica á orixinalidade herdada das vangardas artísticas, o desenvolvemento dos estudos de cinema (moitas veces centrados en dar unha perspectiva histórica) e a aplicación de procedementos técnicos seriais teñen provocado un gran número de películas nas que este arte industrial mírase a si mesma en forma de pastiche ou parodia. Jameson diferencia do seguinte xeito ambos termos:

“El pastiche, como la parodia, es la imitación de un estilo peculiar o único, es decir, idiosincrático, como ponerse una mascara estilística o hablar en un lenguaje muerto. Pero es una práctica neutral de esa mímica, sin el motivo ulterior de la parodia, amputando el impulso satírico, desprovisto de risa y de la convicción del que, junto a la lengua anormal que se ha tomado prestada, todavía existe alguna sana normalidad estilística. El pastiche es, por lo tanto, parodia neutra, una estatua con las cuencas de los ojos vacías.” (JAMESON, 1991, 36).

Imaxe de The Last Picture Show atopada en http://filmreference.com/


Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License