<$BlogRSDURL$>

7.7.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

Posmodernidade e cinema. Unha visión transferida e transferible.


As últimas películas, pero non as derradeiras (Primeira parte)

Todo continúa, os setenta e os oitenta non foron nin o fin da historia, nin da arte, nin da pintura, nin do cinema. O que pasou foi que os discursos lexitimadores que apuntalaban estes relatos foron cuestionados, xa dende os sesenta, e entraron en crise. Non hai fe no progreso, como escribe, C. Thiebaut: “El desvanecimiento de la idea de programa o de proyecto, va así, de la mano de la imposibilidad de pensar (...) el tiempo histórico como progreso, como secuencia o como proceso –siquiera frágil y falible- de aprendizaje” (THIEBAUT, 1999, 390). As preguntas xa non se respostan con dogmas e predomina un perspectivismo relativista ás veces desmitificador e sempre nihilista.


Todo isto deriva nun fondo sentimento de desilusión, nun cinema que reinterpreta o pasado en clave nostálxica:

“Películas como American Graffiti (American Graffiti, 1973) para los norteamericanos, Indochina (Indochine, 1991) para los franceses, y las películas de nostalgia Raj como Oriente y Occidente (Heat and Dust, 1982), Pasaje a la India (A Pasaje to India, 1984) para los ingleses expresan un melancólico sentido de pérdida respecto a lo que se supone eran tiempos más grandes y mejores.” (STAM, 2001, 347).



Nota sobre as notas: Como esta xeira de anotacións vai para tempo, para aforrar tempo e cartos de ciber non completarei as notas bibliográficas ata o último post desta serie.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License