<$BlogRSDURL$>

18.7.07

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Posmodernidade e cinema.

Hibridismos, high concepts, remakes e secuelas (A tríade final ¿Ou non? 3 de 3).

O que interesa é vender a idea a un produtor e para elo pénsase que o mellor xeito de facelo é buscar algo que sexa “al mismo tiempo parecido y diferente.” (AUGROS, 2000, 76). Mirado dende esta perspectiva industrial apostar polo remake e a secuela parece algo lóxico. Un remake (salvo extrañas excepcións) supón renovar unha vella historia, adaptar o que se pensa que foi un filme interesante a un espectador actual. No caso específico de Hollywood a compra de dereitos de películas foráneas explícase tamén porque “los norteamericanos no van a ver (...) películas extranjeras ”. (AUGROS, 2000, 77) ademáis á industria hollywoodiense lle sae moito máis barato mercar estas ideas que veñen tradicionalmente de Europa ou Asia que desenvolver un guión orixinal.

As secuelas aprovéitanse do éxito dun filme e seguen desenvolvendo a súa idea. Exemplo disto son as sagas inacabables de Rocky, Viernes 13, La Guerra de las Galaxias e, no caso español, quizáis o exemplo máis coñecido de secuela sexan os tres Torrente de Santiago Segura. Aínda que no box-office “en general, se calcula que una secuela sólo puede aspirar al 60% de la película original” (AUGROS, 2000, 78) a industria cinematográfica actual segue a apostar por facer segundas e terceiras partes debido á facilidade que ofrecen estes productos á hora de vender os seus dereitos ás televisións e para continúar co tirón xerado polas personaxes protagonistas ou pola historia.



Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License