<$BlogRSDURL$>

19.9.11

As letras audiovisuais de Isaac Marcel 

Cine indómito.Retrospectiva de Antoni Padrós do 7 ao 28 de setembro en La Casa Encendida (Madrid)
  
Convertida xa a cultura do triunfalismo nunha ruína e metidos de cheo nunha borrasca de desactivación das políticas públicas, a actitude ante o cinema de Antoni Padrós pode ser un refuxio de entusiasmo ao que asistir tomando notas. Así que é de celebrar que durante os mércores deste mes de setembro poidamos asistir ao ciclo “Cine indómito. Retrospectiva de Antoni Padrós” en La Casa Encendida (Madrid). Coa decisión de programar este monográfico o centro cultural de Caja Madrid asume unha tarefa que en principio parecería corresponder ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. De feito, sorprende que a institución museística non se plantexara antes o revisar a carreira completa dun cineasta do que posúe os filmes, xa que forman parte da súa colección, e que encaixa dentro dalgunha das principais liñas de investigación que se están a levar a cabo nesa institución. 

O presente ciclo de Padrós ten especial interese porque permite comprobar o meritorio labor de restauración que fixo a Filmoteca de Catalunya sobre uns traballos que se atopaban nun estado nada óptimo de conservación. Ademáis no contexto madrileño xa se ía botando de menos á corrosiva Shirley Temple Storty, longametraxe que se proxectará o próximo día 28 de setembro coa presenza do director. Mais a figura deste cineasta ben merecería unha proposta cunha maior fondura na que, cando menos, se plantexara algún tipo de contido reflexivo. Algo ao que, a non ser que se produza un xiro inesperado nos dous próximos pases que quedan, parece ter renunciado este ciclo. “Cine indómito” aporta curatorialmente ben pouco pero a mera existencia dun programa audiovisual sobre Antoni Padrós convírtese nunha pequeña “oportunidade gañada” dentro dunha historia do cine que, no caso estatal especialmente, semella empeñada en darlle a razón a Gilles Deleuze cando a definiía como un “prolongado martiroloxio”.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License