<$BlogRSDURL$>

16.8.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

A pesquisa por datas non funciona en Filmotech.com. Dame a impresión que ese portal polo de agora funciona como un contedor de filmes, como si bastase con colgar as pelis en Internet e logo cobrar por elas. Non xera comunidade nin parece ter gañas de facelo. Desta volta vin Los amores del capitán Brando (Jaime de Armiñán, 1974). Nela Aurora (Ana Belén) actúa como motor libidinal dos desexos masculinos, como punto medio da atracción sexual dun adolescente de 13 anos (tema recorrente no cinema estatal o do desexo na primeira adolescencia) e dun exiliado republicano (Fernán Gómez) fillo dun paseado que non recoñece o país que deixou ao que regresa na súa senectude. E todo isto cun Alcalde autoritario (instigado pola súa muller cotilla, Chus Lampreave como non), unha nai que non comprende ao seu fillo (que fabula coa súa realidade en clave de filme ficticio) e un pai francés ausente. A protagonista, profesora e liberal, que imparte educación sexual é despedida vítima da represión social. Contra esta inxustiza os rapaces da escola póñense en folga, coas súas proclamas "prefieren que no pensemos", os seus piquetes sindicais que tiran pedras e as súas manifestacións con pancarta que acadan a convocatoria pública do Alcade que solta un speech que nin entenden nin lles interesa. A revolta consíguese desmobilizar facilmente cunha semana de vacacións. Por outro lado, fai acto de presenza a masculinidade desbordada e violenta coa súa sexualidade incotrolada que pretende someter mediante a humillación. Moito contido que nos leva a preguntar ¿Cales son as relacións deste discurso e a sociedade que lle era contemporánea? Mágoa que da súa visualidade, cinéma de qualité, haxa pouco que dicir.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License