<$BlogRSDURL$>

12.7.10

Pepepaco ou un eremita en Madrid 

Estou feliz. Chegoume a avaliación da miña docencia universitaria e @s estudantes puxéronme un 4,8 de 5. Sen dúbida, darlles clase foi, no profesional, o mellor deste ano cheo de incertidumes. Tiven a sorte de toparme cun grupo excepcional ao que fixen traballar moito e que respondeu ás esixencias da materia (que eran bastantes) con creces. Para min foi moito traballo, a temática era de difícil explicación, pero houbo unha marabillosa (en galego con"b") conexión dende o primeiro intre. Apelei, preguntei e apelaron e preguntáronme, incluso houbo varios momentos de intensas e interesantes discusión. Aprendín moito máis do que ensinei, e non é un tópico, foi un proceso activo de circulación do coñecemento. Xente de 20 anos cun gran talento para a creación audiovisual e que, sobre todo, disfrutan co que están a facer, que hoxe en día é que o falta.

Aínda que non lles vai chegar esta anotación, e probablemente quede en suspensión no buraco negro do ciberespazo, gustábame transmitir este sentimento de fe na xente nova. Espero que esta nova xeración recupere o entusiamo. ¡Que viva o entusiamo! ¡Que vivan @s entusiatas!

Mail

Etiquetas:


|
Comments:
Me alegra saber que te ha ido tan bien con las clases: seguro que han sido muy interesantes.
 
Son a parte interesada e non debo de contestar. Foi un gran grupo (no persoal e no académico). Fixéronme a vida moi fácil, aínda que foron moitas/moitas/moitas horas de traballo.
 
Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License