<$BlogRSDURL$>

28.6.10

Distribución de imaxes en movemento na rede (Mes Q) 

Onte despois de comer vin en Filmotech Después de... 1ª parte (C. y J. J. Barolomé, 1981) película que non encaixa na tendencia xeral do catálogo. Esta primeira parte de Después de... da conta das discrapancias máis que dos consensos da España que aprobou a Constitución do 78, coas reticencias e rápidos desencantos que provocou.

O filme ten un prezo de 1,39, o pase non se trabou e foi en alta calidade (o de "alta" xa sabedes que é un pouco esaxerado).

Esta vez probei en darlle para diante ata que rematase para ver si podía reutilizar o código promocional despois de pechar a fiestra de audiovisionado. E así foi, tiven que volver a metelo pero puiden ver o documental de novo. Hoxe marcarei o mesmo código promocional para ver si se pode usar máis dunha vez con filmes diferentes.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License