<$BlogRSDURL$>

13.1.10

IREE? (Ano I) 

Marcelo Expósito. Grup de Treball: la enunciación es siempre colectiva (conferencia dentro do ciclo Un acontecimiento menor. Arte conceptual y experiencia histórica).

A cousa comezou paseniño cun percorrido que daba moitas voltas pero nos quince últimos minutos da conferencia de Expósito todo confluiu brillantemente. O discurso que elaborou ten moitas capas como para ser comentado aquí de memoria, como case sempre fago. Hoxe ía preparado para pillar notas pero na escuridade do Auditorio 200 era imposible. A outra opción sería ter levado un ordenador pero a súa luz faría de min un foco de atención ou distracción. A verdade é que a escenografía de escuridade, pantalla grande e powerpoint cada vez me convence menos.

Estou convencido que a investigación de Expósito se plasmará nun formato de consulta que permita unha maior revisión do seu discurso. Teño xa gañas que isto suceda porque a cousa promete. De todos os xeitos algúns conceptos utilizados e o significado que adquiren na teoría elaborada por Marcelo Expósito pódense ver aquí.

A luz voltou ao Auditorio para a rolda de cuestións. Neste caso si que puiden pillar algunhas notas. Expósito optou por comezar o debate reflexionando sobre Repressió. Cartel feito en solidaridade co movemento obreiro. Interesante esta cita de Marcelo Expósito: "Este cartel debe ser reprimido en cuanto utiliza una lengua que no puede ser utilizada. El lenguaje lleva inserto tensiones sociales reales". Pensemos que estamos a falar dun dos primeiros traballos feitos polo Grup de Treball no ano 1973, aínda que, sobre todo a parte final da cita, conserva moito de actualidade.

Cada 14 de abril editábase un cartel e estaban á venda para obter fondos. Non era un traballo pensado para á cidade senón que circulaba clandestinamente nos ámbitos do movemento obreiro en solidaridade, por exemplo, dos despedidos ou expedientados de SEAT, como comentou Antoni Mercader que estaba entre o público. Como el mesmo dixo: "Hay quien pagaba 100 o 1000 pesetas."

O nó do debate xurdiu a raíz dunha intelixente pregunta na que se plantexaba como a exposición museística pode neutralizar o discurso político destes traballos. Sorprende agradablemente que isto o faga unha persoa que forma parte do persoal laboral do Reina Sofía, un centro no que as obras do Grup de Treball amósanse de xeito arqueolóxico. Unha problemática que, como dixo Mercader, na ciencia curatorial "está por resolver". Con respecto a esta cuestión Expósito falou de que estaba "bien plantearse como un territorio de disputa que tiene que ver con lo que sucede hoy". Para Mercader unha das solucións que poden resolver esta problemática "son las bases de datos. La solución no es el museo" senón o arquivo.

---
P.S.: É difícil de desenvolver aquí pero tamén é subliñable a idea de "volta á orde" que según Expósito se produce a partir do ano 1975.

P.S.: Antoni Mercader fixo unha doazón ao Reina Sofía dalgunhas das investigacións conceptuais feitas polo Grup de Treball.
Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License