<$BlogRSDURL$>

5.12.09

IREE? (Ano I) 

O pase de Derek (Isaac Julien, 2008), de novo de balde como todos os do ciclo de Multitud singular..., contou coa presenza de 37 persoas no Auditorio Sabatini ao inicio da súa proxección que quizáis pasasen de corenta ao final da mesma. Fauna variopinta que ía dende a muchachada varia que acudía en grupo ata algún alto cargo da institución.

Pero máis sorprendente que a diferenza do número coa de onte, non é o mesmo un venres que un xoves, resulta o feito de que catro dos cinco que se quedaran ata o final do filme de Día de Festa repetiron. ¿Podería haber unha comunidade en potencia? Probablemente non quede tempo para sabelo.

Hoxe non houbo problemas de exhibición e tod@s aguantaron a película ata o final. Máis que a composición do propio filme resulta atractiva a historia do artista e cineasta Derek Jarman, arredor do cal xira a película. Tamén amósase contextualmente o ambiente subcultural británico tan do gusto do noso mainstream teórico estatal que o importou de xeito acrítico. Estou seguro que a maioría dos estudantes de arte contemporánea teñen idea do que "presuntamente" (palabra tan de moda no mundo televisivo) pasou na cultura de Gran Bretaña dese momento (dende os sesenta ata os noventa) e descoñecen gran parte do que paralelamente estaba sucedendo no seu propio estado. Traquilos e tranquilas, a min tamén me sucedeu e ten remedio.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License