<$BlogRSDURL$>

4.12.09

IREE? (Ano I) 

Onte estiven de novo no Auditorio Sabatini do Reina vendo Día de Festa (Toni Venturi e Pablo Georgieff, 2006). Testemuño urxente sobre a acción do MSTC (Movimento dos Sen-Teito do Centro de Sao Paulo) dende un punto de vista centrado no relato de catro mulleres.

Como sempre, cheguei sobre uns dez minutos antes. Estaba pechado, non había ninguén agardando e nin o seguridade que estaba en fronte do auditorio sabía si había pase.

A proxección comezou un pouquiño pasadas as oito coa presenza de nove persoas. O pase foi un desastre porque a copia fallaba (algo que sucede nos mellores festivais).

Antes de que comezara a fallar xa se foran dúas persoas (un home e unha muller), despois dos saltos do vídeo e dos reinicios do filme fóronse tres máis (unha rapaza e un rapaz que chegaran xuntos e un señor maior habitual dos circuitos de exhibición alternativos madrileños).

Máis molesto que o fallo da copia foi que algunha desta xente que se marchou quedara falando no hall de entrada do auditorio. Unha das cousas que se botan de menos neste tipo de eventos é a ausencia dunha comunidade que se configure arredor deles. Así que, non está mal que intercambien pareceres pero ben poderían ter esperado a que rematase a película. O audio/visionado quedaba así mutilidado nas dúas frontes.

Ao final quedamos cinco (hai que ter en conta tamén que houbo un pase anterior o 4 de novembro) que nos erguemos á vez cando remataron os títulos de crédito. Todos homes e todos fóramos sos. Cando rematou cada un foise polo seu lado sen cruzar palabra. O menor de todos eles sería eu, moito máis cerca dos trinta que dos vinte. Esa foi a recepción que tiveron estas imaxes de resistencia o pasado mércores.

Ao saír do Reina subín a costa da rúa Magdalena pensando ¿A quen lle interesa este tipo de filmes? ¿Por que cada vez coincido con menos xente nos pases de películas? ¿Deixou o cinema de ser un espectáculo popular e por iso entrou no museo?

Despois escribin isto xa na casa e comenceille a ler a ela este relato. Non lle interesou nin o máis mínimo.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License