<$BlogRSDURL$>

24.10.09

Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F) 

A falta de proxectos de longo prazo

Estiven pensando nisto que Uxío Marsuco e Isaac Marcel escribían hai uns meses:

"Este tráfico de ideas entre a cultura galega e o resto de culturas tense que dar dende unha doble óptica: a primeira exterior-interior é dicir fomentar que os estudiosos foráneos de primeiro nivel dean a coñecer as súas teorías en Galicia (as recentes presenzas de Guilbaut no Consello da Cultura Galega e a de Stephen Hawking na USC son un boísimo exemplo) e dende Galicia (a través de publicacións científicas pensadas para ter presenza máis alá do estado español ou articulando un proceso seleccionado de estancias)".

E quero matizar o da importancia da presenza de Hawking e Guilbaut. Evidentemente sería "importantísimo" si estes grandes teóricos viñesen contextualizados no marco dun proxecto de investigación máis amplo, non como rutilantes presenzas puntuais. É nese intre no que serven máis como imaxe que como difusores de coñecemento. Porque da a impresión de que o que falta na cultura galega son proxectos de longo prazo. O CGAC pode ser un gran exemplo disto que falo.

Tendo en conta o que recollían os medios, os conceptos de "Latinoamérica", "atlantismo" e "colección" sobre os que von Hafe asentaba o speech da súa presentación en sociedade non parecen malos puntos de partida para esta nova etapa do CGAC (desde logo son bastante máis acertados que os que se anunciaron cando foi elixido director da institución galega).

Por certo, alguén sabe cal é a obra diante da que posan a entente política-cultural?

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License