<$BlogRSDURL$>

7.10.09

Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F) 

Un bo momento para arriscar

O MOMA anuncia como exposición estrela de inicio de tempada unha mostra de Monet que non vai máis alá dunha sala. Ao Guggenheim de Nova York chegou dende París unha completa retrospectiva sobre Kandinsky (moitas obras son da propia colección do museo estadounidense) na que non se conta moita cousa nova pero si que serve para atraer a un gran número de visitantes.

O caso é que a recesión económica parece que está impoñendo unha serie de políticas de programación expositiva moi conservadoras.

O contexto dos museos españois, financiados na súa maioría polas administracións locais, autonómicas ou estatais, é diferente. Pero en ningún caso son alleos á crise e se resinten do gran recorte que houbo no gasto público destinado a cultura.

No medio da que está a caer non ten sentido que un centro como o CGAC aposte tamén por artistas consolidados. A súa resposta debe ser máis ben a contraria. A de arriscar expositivamente, a de xerar un tecido fértil para a creación artística, a de buscar novos relatos e non simplemente engrandecer os relatos xa narrados. algo co que unicamente reforzaría a súa condición periférica.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License