<$BlogRSDURL$>

5.10.09

Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F) 

Máis museo e artistas consolidados

Máis que colgar o curriculum de Miguel von Hafe na web (aquí), o que interesaría de verdade sería poder consultar as súas ideas para o CGAC. Un concurso amparado nas "boas prácticas" debería facer público o proxecto polo que von Hafe foi elexido (non como sucedeu, por exemplo, no caso do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía).

Do que se vai publicando nos medios de comunicación sorprenden especialmente dúas cousas. A primeira é a decisión de facer do CGAC máis museo e a segunda é a de apostar por artistas máis consolidados.

Quen coñeza as instalacións coas que conta o centro compostelán saberá que o seu funcionamento como museo é moi limitado. Orixinalmente foi proxectado como centro de arte, de aí que conte cunha reserva mínima e cun pequeno espazo para a restauración de obras.

Se miramos o orzamento tampouco parece moi viable o de apostar por artistas consolidados. A única forma de facer este tipo de mostras é mercando "paquetes expositivos" xa elaborados que saen máis baratos que realizar unha produción propia. O perigo desta política é convertir ao espazo expositivo santiagués nun mero reflexo dos "museos exportadores".

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License