<$BlogRSDURL$>

2.10.09

Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F) 

Do xurado do CGAC (2ª parte)

Díxose tanto, tantísimo sobre o xurado que elixiu o novo director do CGAC que da ata medo engadir algo máis.

Non creo que se poida discutir a súa competencia profesional nin que estivo formado por xente que coñecen de preto o CGAC. Quizáis podíase ter metido algunha rutilante estrela da teoría artística ou do mundo do xestión cultural internacional (de fóra de España e Portugal) pero probablemente este caería na tarefa de elixir ao director do centro galego como un desnortado paracaidista que non sabe moi ben onde aterrizou. E ese é o problema.

O xurado do CGAC exemplificaba ese horizonte limitado de Madrid-Barcelona-Lisboa que diciamos que marcaba a cultura galega actual (quizáis en vez de Lisboa, a nivel museístico habería que falar con máis propiedade de Oporto). Precisamente ese é o eixo que se quere reafirmar agora, unha vez máis, na enésima refundación do CGAC, según podemos deducir das palabras do conselleiro de cultura que recollía El País, nas que Varela falaba de que Von Hafe será o encargado de colocar ao espazo artístico compostelán "dentro de la red de museos Oporto-Madrid-Barcelona-Santiago". Unha vez máis, non saímos de aí.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License