<$BlogRSDURL$>

31.10.09

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Breve reflexión sentimental de Le scaphandre et le papillon (Julian Schnabel, 2007)

Hai anos, nunha desas clases dadas polo esteta ornamentalista tivemos que facer un exercizo de creación que consistía en pensar unha historia para ser plasmada en imaxes. Non me lembro da miña historia pero sei que as da maioría da xente transcorrían nun hospital. “No es extraño que hayáis elegido ese lugar”, dixo o esteta ornamentalista, “allí donde el corazón se encoge”.

Odio os hospitais, imaxino porque odio que se me encolla o corazón e que aumenten os meus medos. Xa se sabe que PERIFÉRICOS está protagonizado por antiheroes e antiheroínas ou, mellor dito, por heroes (son maioría) e heroínas nada sólidos, contradictorios e vulnerables que enchen de traumas e medos (máis ou menos agochados) esta bitácora, e eu non son unha excepción.

Le scaphandre et le papillon enfróntame a un dos meus grandes medos (teño moitos). Á vivencia dunha vida cerebral plena atrapada nun corpo inmóbil. Un accidente que acontece ademáis sen esperalo.

Penso que esta é unha das constantes do cinema contemporáneo. O destino que se volve contra o protagonista (que segue a ser case sempre masculino) condenándoo inxustamente e para o que moitas veces (creo que este non é caso) non hai redención final.

O traballo dirixido por Schnabel resulta plasticamente atractivo, gozo coas metáforas visuais que utiliza, pero a través do guión constrúe unha historia demasiado simple (que non é mesmo que sinxela) para a complexidade da situación. Desta forma Le scaphandre et le papillon, cun notable exercizo mimético do protagonista, quédase en moito menos do que podía ser. Bonita si, pero...

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License