<$BlogRSDURL$>

21.7.09

Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F) 

Do xurado do CGAC (1ª parte)

Este é o xurado do CGAC. Moito xestor cultural, poucos teóricos e ningún artista.

Nel están os directores (no caso de Rafa Doctor é xa ex-director) dos centros que desplazaron á institución compostelana da centralidade coa que contaba na zoa do noroeste ibérico. Centros que lograron abrirse un oco no panorama cultural estatal ao optar por unha decidida especialización dos seus intereses (o MUSAC atendendo á arte dos últimos cinco minutos e a Laboral explorando as relacións entre arte e tecnoloxía).

Ademáis está a obrigada "cuota galega" representada por Iñaki Martínez Antelo, director do outro gran espazo de Galicia adicado a arte contemporánea (o MARCO de Vigo), e por Chus Martínez (coñecida profesional que foi directora do Frankfurte Kunstverein e neste intre é conservadora xefe do MACBA).

Por último foron elexidos para formar parte deste comité de selección Lourdes Fernández, directora de ARCO, feira coa que o CGAC mantivo durante toda a súa historia unha estreita relación; Simón Marchán Fiz, un dos teóricos artísticos máis influíntes da España do post-franquismo; Joao Fernandes, director do Museo Serralves, a principal institución de arte contemporánea portuguesa; e Manuel Borja-Villel, máximo responsable do MNCARS, o museo máis importante (polo menos en presuposto) do estado español.

Borja-Villel foi tamén o escollido para presidir este xurado.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License