<$BlogRSDURL$>

20.5.09

Arredor do Reina (Mes B) 

Onte chamoume a atención a  presenza no auditorio dun famoso presentador, experto en institucionalizar a provocación. Estaba no medio, sentado entre o público. Eu pensei que tería algún irmán ou algunha irmá (nova investigadora, estudante ou do persoal administrativo da universidade) que iría a recoller algún premio. 

Na mesa do acto estaban o Reitor, o Presidente do Consello Social, un representante do Banco Santander, a Secretaria do Consello Social e Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid. 

No intre en que comezou o acto académico o famoso presentador interrumpeu ao Reitor e dirixíndose a Esperanza Aguirre empezou a cantar unha canción. A peza contou co acompañamento de dous acólitos, moito menos coñecidos aínda que con algunha experiencia previa no mundo da televisión. 

Interpretaron terriblemente un tema musical (teño gañas de ver como a amañan en postproducción)  no que se pedía que Gallardón, alcalde de Madrid, e Esperanza Aguirre non discutiran tanto (temática tremedamente orixinal).

A xente aplaudíu a actuación, eu tamén (xa se sabe que neste tipo de actos un aplaude case por inercia) e despois largáronse a fume de carozo como se os levara o demo. Esa foi a implicación política que tivo esta perfomance mediática que ten como único obxectivo atraer a audiencia a través dunha provocación impostada.

O acto seguíu como se nada tivera pasado (a ninguén lle importaba o que fixeran) e despois da cerimonia servíuse unha copa de viño español. 

Eu tomei un par de vasos de Coca-Cola porque tiña pensado aproveitar a tarde estudando (cousa que finalmente non fixen) e degustei gran cantidade de pinchos (os fríos moi bos e os quentes bastante resesos). 

A iso das dúas e media regresei a casa co meu diplomiña, vía Cercanías e Metro, e boteime unha sesta de longa duración. 

Despois dinlle os últimos retoques, de novo, ao traballo de autonarracións e imprimino porque finalmente non se pode entregar vía mail.  Por iso perdín toda a mañá de hoxe indo a ese monstruo que é a Complutense para deixalo no buzón físico da profesora. 

Con todos estes líos a temática da exame que teño o sábado segue inédita para min. Nun sistema de producción industrial resulta complicado ser un alumno "excelente".  

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License