<$BlogRSDURL$>

19.5.09

Arredor do Reina (Mes B) 

O traballo "La expansión de lo íntimo (Autonarraciones audiovisuales y cibernéticas)" xa está entregado. 

A cousa non sei que tal pintará (a nivel de nota) porque creo que é un traballo bastante arriscado para un máster de arte. O fácil sería ter escollido a un fotografo ou a un videoartista (a alguén cun amplo recorrido nos espazos artísticos) e traducir as teorías que xa están relatadas sobre arte e autobiografía (citando textualmente a Foucault e demáis). Pero intentar falar de blogs, novas redes sociais, chat shows, extreme makeovers, reality shows e documentais performativos dende dentro e con exemplos moi coñecidos do noso contexto máis próximo, pois ten o seu aquel. Porque finalmente moito citar a Benjamin pero a teoría artística segue sendo tremendamente aurática e as auras so brillan dende a lonxanía. 

Onte reunión administrativa e decepcionante sobre o módulo práctico e hoxe teño que ir a Xetafe á recollida dun premio de nome aparatoso pero que se traduce econicamente en pouquiña cousa.   

Non teño nin idea do que farei para o ano, só sinto que as décadas pasan, que a xente faise cada vez máis maior, que teño moito que facer esta semana e que estou durmindo fatal. 

Para o que comparta conmigo este estado de existancialismo barato recoméndolle calquera dos derradeiros filmes de Joaquín Jordá. Intelixencia entre tanta mediocridade.  


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License