26.10.08
Rembrandt no Prado (I)
O Prado vai sobre seguro e segue apostando por organizar exposicións aorredor das máis grandes figuras da arte pictórica. Eventos aos que a xente acode en masa.
Ninguén pode discutir o nivel destas citas como auténticos fenómenos culturais que logran atraer a atención de moitas persoas, consumidores de arte que disfrutan do seu ocio asistindo a estas mostras (previo pago da entrada).

Tampouco podemos desprezar o gran esforzo que supón lograr coordinar unha exposición como a de Rembrandt, traendo de fóra a práctica totalidade das obras da mostra que asina este pintor (o Prado soamente conta con esta).
O que si que se pode cuestionar é que o resultado final da exposición non estea ao nivel das obras expostas.
"Rembrandt. Pintor de historias" conta cunha montaxe anódina, acompañada de carteis que non son máis que unha morea de cousas xa sabidas e establece uns paralelismos con outros artistas que ben puidera trazar calquera estudiante de historia da arte.
Etiquetas: Isaac Marcel
Comments:
Publicar un comentario