18.10.08
Pensar en galego. Beramendi gaña o Premio Nacional de Ensaio.
A nova coñecina a través do teletipo que a Axencia EFE distribuíu a diferentes medios e leveime unha alegría porque na facultade, aínda que non me dera clases, Beramendi era deses profesores que, según me contaban os da carreira do lado, era respetado e querido por moitos alumnos.
O libro polo que gañou o premio foi este, orixinalmente editado en galego (creo que todavía non conta con tradución en castelán).
Na web de El País pódese ler unha nova que ven de Europa Press na que, a pesar das declaracións entre comiñas, dase unha imaxe excesivamente simplificada do pensamento deste autor. O escritor do artigo preocupouse máis de acadar frases de impacto (xa se sabe que as "cuestións nacionalistas" son moi xugosas) que de informar. A febre dos titulares é un dos grandes pecados do xornalismo.

Etiquetas: Feito diferencial
Comments:
Publicar un comentario