<$BlogRSDURL$>

25.8.08

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Cando un espazo artístico nace sen un proxecto claro e vai dando tombos a cada cambio de director non é de estrañar que a cousa non remate funcionando ben. Iso mesmo pasa co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC ) ao que La Voz de Galicia venlle dando ultimamente unha caña considerable. Aquí e tamén aquí, dous artigos que dan boa mostra delo. O primeiro céntrase nunha obra mercada para a colección e o segundo no aumento do orzamento para a adquisición de pezas a pesar do gran descenso de público.

O gran problema que ten o CGAC é un problema de identidade e iso vese reflexado na súa heteroxénea colección construída máis a base de talón que de reflexión. En vez de montar unha minifesta, un bo xeito de celebrar o seu quince aniversario sería botar o freno e pararse a repensar o centro ¿Que museo quero facer? A partir da colección que teño ¿Que tipo de obras quero mostrar e adquirir? ¿Que relato(s) quero construír, revisar ou destruír? ¿Como podo implicar á comunidade no espazo artístico? Analizando tamén o novo contexto de espazos artísticos que se xerou no noroeste peninsular.

A ver si así se cimenta dunha vez un proxecto a longo prazo que se afaste da especulación mercantil e que tente recuperar a idea de servizo público que para iso están os museos que pagamos todos.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License