<$BlogRSDURL$>

20.11.07

Comunicando... (Marga Román) 

Destronado como rei do prime time, o cinema sobrevive nesa franxa horaria máis por prestixio (imaxe de cadena) que pola rendabilidade económica porque incluso ás veces a gran inversión que supón emitir un filme exitoso non garantiza o liderazgo de audiencia.

O domingo pasado a emisión de Mystic River no espazo Película de la semana de La 1 de Televisión Española conseguíu ser líder da franxa horaria estelar.

Coa (in)fidelidade dos audímetros podemos dicir que case tres millóns e medio de espectadores (3.478.000) estiveron vendo esta desasosegante traxedia que logrou acadar unha cuota de pantalla do 22,5%. Isto supúsolle á primeira canle da televisión pública estatal mellorar o seu resultado porcentual en 3,5 puntos con respecto ao mesmo horario da semana pasada.


Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License